Skip to main content

César Pérez Cruzado, contratado Juan de la Cierva na USC: "A especialización de Campus Terra redunda nunha docencia de maior calidade".

César Pérez Cruzado, contratado Juan de la Cierva en la USC: "La especialización de Campus Terra redunda en una docencia de mayor calidad".
César Pérez Cruzado, contratado Juan de la Cierva en la USC: "La especialización de Campus Terra redunda en una docencia de mayor calidad".
É un dos cerebros máis escintilantes dos xestados no Campus Terra da USC. Formado na Escuela Politécnica Superior de Lugo, onde estudou Enxeñaría Técnica Forestal, Enxeñaría de Montes e Máster en...
Lugo

É un dos cerebros máis escintilantes dos xestados no Campus Terra da USC. Formado na Escuela Politécnica Superior de Lugo, onde estudou Enxeñaría Técnica Forestal, Enxeñaría de Montes e Máster en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, César Pérez Cruzado é, na actualidade, contratado Juan de la Cierva no Departamento de Enxeñaría Agroforestal do Campus Terra e acaba de serlle concedido un proxecto Marie Curie – EF da Comisión Europea para o mesmo Departamento. Combinou os estudos de doutoramento na USC cun Máster en Estatística Aplicada pola UNED e, na súa etapa postdoutoral, traballou no Centro de Investigacións Forestais do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e na Facultade Forestal da Georg-August-Universität Göttingen de Alemaña, onde impartiu docencia en varios programas internacionais de grao e máster. Ademais, realizou tarefas de investigación no Centro e Sudeste de Asia, África e Sudamérica. A súa tese de doutoramento foi premiada pola Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal pola súa excelencia.

 

Campus Terra (C.T.): César, ¿por que escolliches o Campus de Lugo para formarte?

César Pérez (C.P.): Ademais de pola proximidade ao meu lugar de residencia, escollín a Escola Politécnica Superior de Lugo porque se atopa na Comunidade Autónoma con maior importancia do sector forestal. O feito de que Lugo sexa unha cidade económica en comparación con otras cidades universitarias tamén foi un punto a favor.

 

 C.T: ¿Que opinión che merece a existencia dun Campus especializado no uso da terra como é Campus Terra?

C.P.: Considero que é un valor engadido para calquera das titulacións impartidas no Campus de Lugo relacionadas co sector agroforestal. Na miña opinión, dispor dun Campus tan especializado redunda nunha docencia de maior calidade e nunha investigación moi focalizada nas materias que se imparten. Creo que a creación do Campus Terra supuxo a definición dunha liña clara de especialización da docencia, investigación e servizos prestados polo Campus de Lugo. 

 

C.T.:¿Que beneficios consideras que aporta á sociedade?

C.P.: Coido que a especialización no ámbito agroforestal do Campus Terra aporta varios beneficios á sociedade. O primeiro deles é a alta calidade da formación que reciben os seus egresados. Outra ventaxa importante é a amplia oferta de servizos que subministra ao tecido empresarial e PYMES do sector. Algúns dos organismos do Campus Terra máis activos neste aspecto son a Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS), o PMADE, a Aula de Produtos Lácteos ou o LaboraTe. Por último, Campus Terra posúe maior capacidade de solucionar problemas do sector agroforestal mediante proxectos de investigación financiados con fondos públicos ou privados.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.