Skip to main content

Últimas días para presentar orixinais á décimo terceira edición do Premio de Relato Curto

Últimas días para presentar orixinais á décimo terceira edición do Premio de Relato Curto
Últimas días para presentar orixinais á décimo terceira edición do Premio de Relato Curto
Dotado con 500 euros, o prazo de presentación de traballos remata o 31 de decembro

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) mantén aberto ata o próximo 31 de decembro a décimo terceira edición do Premio de Relato Curto. A convocatoria está dotada economicamente con 500 euros, cantidade que achega o Instituto Policlínico La Rosaleda.

Aberto a todo o público en xeral –agás aos integrantes da xunta directiva da asociación-, o tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en galego, cun máximo de sete folios. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo, por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e na fonte Times New Roman en tamaño 12. Os traballos deben ser remitidos ou a través de correo electrónico a alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es) ou por correo certificado á Casa da Concha, Rúa da Conga, 1 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

A presidenta da Alumni, Benita Silva, que agradece o patrocinio de La Rosaleda un ano máis, indica que o certame é unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible a partir da propia convocatoria. “Comprobamos ano a ano o elevado talento dos participantes, así que animamos a xente de todo tipo a presentar os seus traballos”, segundo indica Silva.

The contents of this page were updated on 12.11.2018.