Skip to main content

Últimos días para participar en Explícoche matemáticas 2.0

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame impulsado dende a Comisión de Normalización Lingüística deste centro da USC pretende promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais
Santiago de Compostela

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC mantén aberto ata o 31 de marzo o prazo para participar no certame Explícoche matemáticas 2.0, o concurso que pretende promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

A décima edición desta iniciativa diríxese a alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 é crear vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1.30 e 2.30 minutos, en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico. Outorgaranse dous premios de 200 euros: un, para a categoría bacharelato-ESO-FP e outro para a categoría Universidade.

The contents of this page were updated on 03.28.2022.