Skip to main content

O Campus de Fútbol USC para rapaces e rapazas de 4 a 16 anos celebrarase a finais de mes en colaboración coa SD Compostela

Celebrarase os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 8.30 a 14.30 horas
Celebrarase os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 8.30 a 14.30 horas
A inscrición pode realizarse ata o próximo luns 17

Coa colaboración do club SD Compostela, a Universidade de Santiago organiza o Campus de Fútbol USC para rapaces de entre 4 e 16 anos. Celebrarase no Pavillón Universitario os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 8.30 a 14.30 horas. A inscrición xa se pode formalizar ata o próximo luns 17 nas oficinas do club de fútbol no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ou a través do correo electrónico sdcompostela [at] sdcompostela.com (sdcompostela[at]sdcompostela[dot]com).

Son obxectivos deste campus coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos de fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa, así como fomentar as posibilidades educativas desta disciplina deportiva con actividades complementarias, regulamentación e estruturas, entre outros.

The contents of this page were updated on 12.12.2018.