Skip to main content

Bota a andar Orbital, a rede que afonda nas tecnoloxías innovadoras para enfermidades do segmento posterior do ollo

A xuntanza organizada por membros do grupo I+DFarma, coordinados por Carmen Alvarez Lorenzo, acollerá a máis de 50 investigadores. FOTO: Santi Alvite
A xuntanza organizada por membros do grupo I+DFarma, coordinados por Carmen Alvarez Lorenzo, acollerá a máis de 50 investigadores. FOTO: Santi Alvite
A xuntanza que comeza este martes organizada por membros do grupo I+DFarma, coordinados por Carmen Álvarez Lorenzo, acollerá a máis de 50 investigadores de universidades, centros de investigación e empresas de Europa, Estados Unidos e Canadá
Santiago de Compostela

A primeira reunión presencial da rede ITN Marie Sklodowska-Curie ORBITAL, financiada polo programa Horizon Europe e integrada por quince estudiantes de doutoramento procedentes de distintos países botou a andar este martes e estenderase ata o vindeiro xoves 24.  A xuntanza organizada por membros do grupo I+DFarma, coordinados por Carmen Alvarez Lorenzo, acollerá a máis de 50 investigadores de universidades, centros de investigación e empresas de Europa, Estados Unidos e Canadá.

O obxectivo da rede ORBITAL é desenvolver tecnoloxías innovadoras para tratar enfermidades que afectan o segmento posterior do ollo, como a enfermidade ocular diabética e a dexeneración macular asociada á idade, “que son algunhas das principais causas de cegueira e deficiencia visual severa en pacientes de idade avanzada en Europa”, sinalou a profesora Carmen Álvarez.

O acto de apertura no Salón de Graos da Facultade de Dereito, estivo presidido por Pablo Taboada Antelo, director da Escuela de Doctorado Internacional de la USC (EDIUS), e contou coa intervención de Laurence Fitzhenry, coordinador xeral da rede, da propia Carmen Álvarez Lorenzo, responsable da rede na USC, e os estudantes de doutoramento Ana F. Pereira da Mota e Axel Kattar.

O programa de actividades abrangue un ciclo de conferencias impartidas polos  profesores Lyndon Jones da Waterloo University, Mark Byrne da Auburn University e  Anuj Chauhan da Colorado School of Mines sobre novas formas de administración ocular de fármacos. Estas conferencias, que se imparten no Salón de Graos de Dereito ás 15.00 horas os días 22 e 23, están abertas a toda a comunidade universitaria. Tamén se fará balance dos logros alcanzados e planificaranse as actividades para os próximos anos. Ademais, os mozos e mozas investigadoras participarán nun taller sobre modelos de experimentación alternativos aos ensaios in vivo, que terá lugar na Facultade de Farmacia.

The contents of this page were updated on 03.22.2022.