Skip to main content

A ETSE reclama “máis visibilidade” para as mulleres enxeñeiras no día da súa festividade

Julia González, segunda pola esquerda, reivindicou medidas contra a brecha de xénero ao igual que o reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
Julia González, segunda pola esquerda, reivindicou medidas contra a brecha de xénero ao igual que o reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
“Temos que seguir traballando para acabar coa brecha de xénero”, dixo Antonio López, quen tamén subliñou que este centro da USC é un exemplo de “bo desempeño”
Santiago de Compostela

“Debemos actuar para dar máis visibilidade ás mulleres enxeñeiras”, así o afirmou a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Julia González Álvarez, no acto institucional que serviu para conmemorar a festividade deste centro da USC. “A falta de referentes femininos nos roles científico-técnicos fai que as nenas non se sentan identificadas con eles, e se non ven mulleres en certas posicións, deducirán inconscientemente que eses postos de traballo non son para elas”, afirmou nunha sesión presidida polo reitor. “Temos que seguir traballando para acabar coa brecha de xénero”, dixo Antonio López, quen tamén subliñou que a ETSE é un exemplo de “bo desempeño”.  

En setembro de 2021, continuou Julia González, creouse a Comisión de Igualdade da ETSE. “Empezamos a involucrar as alumnas e egresadas, creo que con éxito, nos Encontros na USC co alumnado de bacharelato”, dixo. “Aínda que nesta escola seguimos cubrindo todas as prazas ofertadas nos graos e a demanda segue superando con creces á oferta, o que si é unha evidencia é a baixa porcentaxe de alumnas nalgúns dos nosos títulos, resultado da falta de interese das mulleres por algúns ámbitos CTEM”, matizou a directora.

Premios

O acto serviu de marco para entregar diversos galardóns, entre eles, os premios extraordinarios fin de estudos, tanto para grao como para mestrado, correspondentes ao ano académico 2020-2021 e que foron parar a Álvaro Goldar Dieste, Francisco Javier Cardama Santiago, Carlota Vijande Álvarez de Linera, Javier Antonio Bravo Venegas, Martín Aller Domínguez e Daniel Toranzo Pérez.

Doutra banda, os recoñecementos aos mellores expedientes da Escola serviron para galardoar a Gabriel Jesús Bonilla Rodríguez, Andrea Paola Marques Cosme, Irene García Fernández, Álvaro Goldar Dieste, Francisco Javier Cardama Santiago, Samuel Alvite Pazo, Carlota Vijande Álvarez de Linera, Cinta Martín Medrano, Javier Antonio Bravo Venegas, Martín Aller Domínguez e Daniel Toranzo Pérez.

Na categoría de mellores Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado, foron recoñecidos os alumnos Andrea Paola Marques Cosme, Andrea Estefanía Fernández Soto, Lorena Iglesias Torres, Francisco Javier Cardama Santiago, Pablo García Fernández, Álvaro Goldar Dieste, Diana Pérez Velón, Carlota Vijande Álvarez de Linera, Javier Antonio Bravo Venegas, Gonzalo Muiño Arguelles e Daniel Toranzo Pérez. Ademais, Daniel Toranzo Pérez, Diana Pérez Velón e Teresa Sixto Anello foron premiados na categoría relativa á calidade lingüística dos seus traballos fin de estudos.

A actividade docente foi tamén recoñecida a través dos premios Leonardo. Na edición deste ano premiouse a Daniel Cores Costa, Mª da Alba Nogueira López, José Antonio Aldrey Vázquez, Alberto Rojo Alboreca, Juan Manuel Garrido Fernández, Manuel Dámaso Rodríguez Fernández, Cristina Díaz Jullien, David Enrique Losada Carril e Manuel Felipe Mucientes Molina. Na categoría de investigación recoñeceuse a Mª Teresa Moreira Villar, Marta Carballa Arcos e Juan M. Lema Rodicio.

O Premio Viaqua ao mellor TFM no eido da Enxeñaría Ambiental recaeu en Matías Rivadulla Cora por ‘Estratexia de arranque da tecnoloxía innovadora SIAM para o tratamento de augas residuais a escala de planta piloto’. O premio Premio Big Data 2020/2021 recoñeceu a Eduardo López Villanueva por ‘Deseño e implementación dun sistema de identificación biométrica para un gran volume de usuarios’. Finalmente, Celia Fernández Pérez por ‘Programación dun nodo IoT autónomo con comunicación inalámbrica’ recibiu o galardón GrEI 2020/2021.

Teresa Alvariño Pereira, doutora en Enxeñaría Química e Ambiental e xerente de Cetaqua Galicia, foi a encargada de pronunciar o relatorio central do acto titulado 'Cerrando o círculo: novos modelos de economía circular'. 

Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 04.07.2022.