Skip to main content

Entrega do diploma acreditativo do Selo ICheme ao grao en Enxeñaría Química e Mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, entregaralle o luns 12 á Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) o diploma acreditativo do Selo ICheme aos títulos de grao en Enxeñaría Química e mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos que se imparten nese centro.

Na entrega, ás 11.00 horas no Salón de Graos de San Xerome, participarán o director da ETSE, Antonio Mosquera González; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Ramón Méndez Pampín; o coordinador do grao, Gumersindo Feijoo Costa; e a coordinadora do mestrado, Julia González Álvarez.

O IChemE é un selo de calidade europeo que outorga a prestixiosa asociación homónima de enxeñeiros químicos do Reino Unido que promove a acreditación de títulos de Enxeñaría Química de todo o mundo.

The contents of this page were updated on 03.09.2018.