Skip to main content

Julio Suárez Gómez da USC, campión universitario de España de xadrez

Julio Suárez Gómez (cuarto pola esquerda) é alumno do mestrado universitario en Matemática Industrial da USC
Julio Suárez Gómez (cuarto pola esquerda) é alumno do mestrado universitario en Matemática Industrial da USC
Na competición organizada pola Universidade de Málaga déronse cita 77 estudantes de 26 universidades de toda España
Santiago de Compostela

O alumno do mestrado universitario en Matemática Industrial da USC, Julio Suárez Gómez, acaba de proclamarse campión universitario de España de xadrez no marco da competición organizada pola Universidade de Málaga. A celebración do Campionato de España de Xadrez 2022 contou cun total de 77 aspirantes de 26 universidades de toda España, xunto aos seus adestradores e delegados, superando o centenar de participantes.

O Campionato desenvolveuse como categoría única mixta polo sistema suízo a nove roldas. “O nivel demostrado polos universitarios foi altísimo, sendo moi rifado o resultado final tanto a nivel individual como por universidades, decidíndose a clasificación na última rolda”, explicaron dende a organización desta competición.

The contents of this page were updated on 04.28.2022.