Skip to main content

Nove proxectos reciben financiamento para a súa valorización e transferencia ao mercado gracias ao POCTEC CÓDIGOMÁIS

Nove proxectos reciben financiamento para a súa valorización e transferencia ao mercado gracias ao POCTEC CÓDIGOMÁIS
Nove proxectos reciben financiamento para a súa valorización e transferencia ao mercado gracias ao POCTEC CÓDIGOMÁIS

O pasado 22 de febreiro tivo lugar na USC o comité de avaliación que seleccionou os nove proxectos do ámbito da saúde que recibirán financiamento a través do POCTEC CÓDIGOMÁIS para a súa valorización e transferencia ao mercado.

O proxecto CÓDIGOMÁIS traballa na creación dun Ecosistema Transfronterizo de Innovación no ámbito da saúde, na Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal, para a valorización orientada ao mercado de resultados de investigación. Neste proxecto participan, de Galicia, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), as Universidades de Santiago e Vigo, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) e o Clúster Saúde de Galicia (CSG), mentres que de Portugal son socios o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL), o Health Cluster Portugal (HCP), a Facultade de Medicina da Universidade do Porto e o Centro Clínico Académico Braga (2CA-Braga).

Os proxectos elixidos foron INSPIRER, da Facultade de Medicina da Universidade do Porto; DENTISAN e CALÉNDULA, da USC; IC-HF-OROME, OCLUSIÓN AÓRTICA e ANTI-CD26, da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde; CARISCOPE, da Universidade de Vigo; ENLAB, do Centro Clínico Académico Braga; e BIO2SKIN, presentado polo International Iberian Nanotechnology Laboratory.

Estes nove proxectos seleccionáronse en base a criterios relacionados co grao de desenvolvemento da tecnoloxía, o estado da propiedade industrial, os custes de chegada ao mercado, o estado da arte, as vantaxes con respecto ás solucións actuais, as empresas que poderían estar interesadas e a oportunidade de mercado.

Para cada un dos seleccionados elaborarase un itinerario de valorización coa finalidade de coñecer a mellor forma de levar eses resultados ao mercado, ademais de beneficiárense de xornadas de formación e do financiamento necesario para desenvolver o itinerario.

The contents of this page were updated on 03.15.2018.