Fondo pesar polo falecemento da compañeira Victoria Silva Pérez
A Universidade de Santiago manifesta o seu emocionado pesar polo recente falecemento de Victoria Eugenia Silva Pérez. A estas condolencias súmase moi especialmente a Oficina de Información Universitaria (OiU), onde traballaba como técnica de información.
Todo o persoal universitario quere sumarse á dor da familia e amizades pola perda desta excelente compañeira.
O velatorio está instalado na Sala 2 do Tanatorio de Boisaca. O funeral será este martes ás 16:30 horas.