Skip to main content

O equipo galego acada medallas de ouro e bronce na fase final da LIV Olimpíada Matemática Española

En primeiro termo, dende a esquerda, Alexander Vidal, Santiago Vázquez, Juan Carlos Rocamonde e Covadonga Rodríguez. Por detrás, Raúl Alonso, Felipe Gago e Órscar Rivero
En primeiro termo, dende a esquerda, Alexander Vidal, Santiago Vázquez, Juan Carlos Rocamonde e Covadonga Rodríguez. Por detrás, Raúl Alonso, Felipe Gago e Órscar Rivero

Unha medalla de ouro e outra de bronce representan o balance do equipo que representou a Galicia na fase final da LIV Olimpíada Matemática Española celebrada esta pasada fin de semana en Xaén. Santiago Vázquez Sáez, alumno do Colexio Marista Cristo Rey, da Coruña, conseguiu o ouro, e Alexander Vidal Zhukova, alumno do IES A Xunqueira II de Pontevedra, a terceira posición.

O equipo completábao Juan Carlos Rocamonde Quintela, xunto a quen asistiu á competición a profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, Raúl Alonso Rodríguez (medalla de prata en 2013 e de ouro en 2014), Óscar Rivero Salgado (medalla de prata en 2010 e de ouro en 2011 e 2012) e o profesor da Felipe Gago, coordinador da Olimpíada Matemática en Galicia.

The contents of this page were updated on 03.19.2018.