Skip to main content

Comeza o V congreso ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’

Comeza o V congreso ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’
Comeza o V congreso ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’

A asociación universitaria Entre Clío y Euterpe organiza esta semana o seu quinto encontro de novos investigadores sobre a relación entre o poder e as manifestacións artísticas. As sesións serán de libre asistencia e desenvolveranse durante o xoves 22 no salón de actos da Facultade de Filosofía e o venres na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia.

Na edición deste ano, que se inaugurará ás 9.30 horas, participarán membros de universidades estatais e internacionais arroupados polas leccións maxistrais de dous docentes de Historia da USC, Jose Carlos Bermejo Barrera e Rocío Sánchez Ameijeiras, e outras dúas de musicoloxía da Universidade de Salamanca, Matilde Olarte Martínez e María Jesús Pena Castro.

O congreso contempla numerosos paneis de comunicacións, que tratarán cuestións como as interpretacións da arte e a súa función, muller e xénero, a Idade Moderna, o trauma e a memoria na arte da primeira metade do XX, cine e soft power no mundo actual, música e sociedade, transicións e ideoloxía da representación na Antigüidade e a arquitectura dos séculos XIX e XX.

A asociación Entre Clío e Euterpe é unha asociación vinculada á Universidade de Santiago de Compostela que propón puntos de encontro entre distintos ámbitos, facilitando unha confluencia interdisciplinar na que caben novos investigadores de campos tan diversos como a historia, a arte, as ciencias políticas e sociais, a música ou as audiovisuais.

The contents of this page were updated on 03.21.2018.