Skip to main content

Xeografía e Historia rende tributo ao seu persoal xubilado nos anos 2020, 2021 e 2022

Foto de familia das persoas que recibiron a insignia xunto ao reitor e directores dos departamentos. FOTO: Santi Alvite
Foto de familia das persoas que recibiron a insignia xunto ao reitor e directores dos departamentos. FOTO: Santi Alvite
O acto de imposición de insignias recoñece a traxectoria do profesorado e do persoal de administración e servizos deste centro da USC
Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da USC rendeu tributo este mércores 8 ao persoal que rematou os seus servizos no centro nos anos 2020, 2021 e 2022.  A sesión de imposición das insignias que se desenvolveu no Paraninfo, estivo presidida polo reitor Antonio López. Tamén interviñeron no acto o decano do centro,  Marco Virgilio García Quintela; e os directores dos departamentos de Xeografía, Historia da Arte e Historia, Rubén C. Lois González, Federico López Silvestre e Daniel Lanero Táboas.

Na relación de persoas homenaxeadas atópanse catro docentes do departamento de Historia da Arte: Enrique Fernandez Castiñeiras, José Manuel García Iglesias, Alfredo Vigo Trasancos e Carlos Villanueva Abelairas. A eles súmanse tres docentes do departamento de Historia: Josefa Rey Castiñeiras, Pegerto Saavedra Fernández e Ramón Villares. Finalmente, o profesor do departamento de Xeografía, José Manuel López Andión e a integrante do persoal de administración e servizos, M Carmen López Fandiño, completan a relación de persoas que recibiron a insignia.

The contents of this page were updated on 06.08.2022.