Skip to main content

Medicina impulsa o primeiro curso en Galicia de Soporte Vital Avanzado avalado polo European Resucitation Council

Ao inicio do curso achegáronse este venres o decano da Facultade de Medicina e xefe do Servizo de Anestesioloxía do CHUS, Julián Álvarez; a xerente da área, Eloína Núñez; e a directora do CESIS e xefa do Servizo de Neonatoloxía do CHUS, Luz Couce.

O SVA é a atención médica proporcionada por profesionais da saúde xeralmente dentro dunha unidade de coidados críticos
Santiago de Compostela

O Centro de Simulación Avanzada de Santiago, situado no CHUS, acolle este venres 10 e o sábado 11, o primeiro curso en Galicia sobre o Soporte Vital Avanzado avalado polo European Resucitation Council. A actividade formativa está organizada pola Facultade de Medicina da USC, o servizo de anestesia da área sanitaria de Santiago e Barbanza, pola Sociedad Española de Anestesia (SEDAR) e a European Resutitation Council (ERC). O soporte vital avanzado (SVA) é a atención médica proporcionada por profesionais da saúde xeralmente dentro dunha unidade de coidados críticos.

Ao inicio do curso achegáronse este venres o decano da Facultade de Medicina e xefe do Servizo de Anestesioloxía do CHUS, Julián Álvarez; a xerente da área, Eloína Núñez; e a directora do CESIS e xefa do Servizo de Neonatoloxía do CHUS, Luz Couce.

Esta activade, dirixida a facultativos especialistas e residentes de Anestesioloxía e Reanimación, promove a formación docente de instrutores de simulación da especialidade de Anestesioloxía de todo o país e afianza o compromiso formativo do CESIS para o persoal do complexo compostelá e de todo o SERGAS.

Os obxectivos do curso son coñecer os algoritmos de Soporte Vital Avanzado e os aspectos diferenciais da contorna de quirófano e coidados críticos; así como xestionar un equipo de parada cardiorrespiratoria mediante a aplicación dos recursos dispoñibles nunha situación de crise. No transcurso das xornadas realizaranse simulacións con casos clínicos en parada cardiorrespiratoria, nos que tamén se formará na toma de decisións éticas nesta situación.

The contents of this page were updated on 06.10.2022.