Skip to main content

Concepción Cabrillana, nomeada membro do International Committee on Latin Linguistics

O profesor Longrée, da Universidade de Lieja, e a profesora Cabrillana, no momento do anuncio do nomeamento, ao final do 21º Coloquio
O profesor Longrée, da Universidade de Lieja, e a profesora Cabrillana, no momento do anuncio do nomeamento, ao final do 21º Coloquio
Os membros do Comité son elixidos de acordo coa súa reputación científica e as súas achegas regulares aos congresos bienais
Santiago de Compostela

A profesora Concepción Cabrillana, catedrática de Filoloxía Latina da USC, acaba de ser nomeada membro do International Committee on Latin Linguistics. O anuncio fíxose público na sesión de clausura do ‘21st Internatinal Colloquium on Latin Linguistics’, celebrado na Facultade de Filoloxía a comezos deste mes.

O Comité está constituído por doce membros pertencentes ás Universidades de Ámsterdam, Bolonia, Innsbruck, Hebrea de Xerusalén, As Palmas de Gran Canaria, Lieja, París-Sorbona, Karlova-Praga, Roma-Tor Vergata, Toulouse e Uppsala. Dende agora, queda incluída a Universidade de Santiago de Compostela, “cos efectos que este feito ten para que a nosa Universidade estea aínda máis presente en foros internacionais científicos e académicos”, destacou a profesora. Os membros do Comité son elixidos de acordo coa súa reputación científica e as súas achegas regulares aos congresos bienais.

The contents of this page were updated on 06.13.2022.