Skip to main content

Relacións Laborais acolle a xornada PowerYou Xperience

É unha iniciativa que busca mellorar a empregabilidade, potenciar o talento e favorecer o desenvolvemento de competencias profesionais

A Facultade de Relacións Laborais acollerá este mércores 21 a xornada PowerYou Xperience, unha iniciativa de Human Age Institute que busca mellorar a empregabilidade, potenciar o talento e favorecer o desenvolvemento de competencias profesionais da comunidade universitaria así como de titulados/as no actual entorno laboral. A decana da Facultade, Silvia Moscoso Ruibal, e a directora de Empregabilidade de Human Age Institute, María García, inaugurarán a xornada nun acto ás 10.00 horas no propio centro.

Representantes de recursos humanos de Grupo Nueva Pescanova, Abanca, Grupo Jealsa Rianxeira e GT Motive analziarán as competencias e habilidades que hoxe requiren as compañías do seu talento júnior. As persoas que asistan poderán acceder á charla de Gomizuke, creadora de contido en YouTube e estratega de contido dixital, e participarán en obradoiros prácticos sobre como optimizar o seu currículo na era dixital ou como realizar un eficaz elevator pitch. Ademais, para finalizar a xornada, o alumnado recibirá asesoramento personalizado para a construción da súa marca persoal e poderán traballar os seus perfís con persoal experto en selección que resolverán todas as súas dúbidas.

The contents of this page were updated on 11.20.2018.