Skip to main content

Presentan nun seminario os resultados galegos dun estudo sobre as culturas xornalísticas

Presentan nun seminario os resultados galegos dun estudo sobre as culturas xornalísticas
Presentan nun seminario os resultados galegos dun estudo sobre as culturas xornalísticas

O proxecto de investigación ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los medios de comunicación españoles’ (MediaACES) presentará a próxima semana os primeiros resultados da súa investigación. Será o día 29 no seminario ‘Medios responsables e cidadáns críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en Galicia’ que terá lugar ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da man de Marcel Mauri, da Universitat Pompeu Fabra, e Marta Pérez Pereiro, da Universidade de Santiago.

Co obxectivo de detectar as culturas xornalísticas existentes en distintos territorios de España así como examinar o impacto das ferramentas de rendición de contas ou media accountability systems, o proxecto realizou unha enquisa a profesionais de Galicia, Madrid, Cataluña e de Euskadi, principalmente, para poder coñecer de primeira man as súas opinións. Nese enquérito, a percepción dos xornalistas galegos sobre o seu contexto laboral é unha das máis negativas do Estado.

Nesta primeira fase da investigación, o proxecto procurou tamén coñecer as impresións da cidadanía sobre a rendición de contas dos medios a través de grupos de discusión realizados nos territorios da mostra.

Dirixido a profesionais e estudantes, o seminario busca xerar un debate cos xornalistas galegos para contrastar estes resultados e recabar as súas impresións sobre a súa propia cultura xornalística. O seminario celebrarase tamén no resto de sedes das distintas universidades participantes na investigación: Universitat Pompeu Fabra, Universidad Internacional de La Rioja, Mondragon Universitatea, Universitat Jaume I e a Universidad de Sevilla.

The contents of this page were updated on 11.21.2018.