A alumna Ainhoa Casas, Premio ao Talento por Alain Afflelou
A estudante de Óptica e Optometría da USC Ainhoa Casas integra o grupo dos 11 talentos con mellor expediente en Óptica ao ser elixida como unha dos Premios ao Talento Óptico Universitario que organiza a compañía Alain Afflelou.
A estudante da USC fíxose con este recoñecemento a través dun longo proceso no que se avaliou, ademais do expediente, a súa capacidade de liderado, compromiso, dinamismo e innovación.
O premio consiste en 1.000€ e a oportunidade de entrar a formar parte do equipo de Ópticos e Optometristas da compañía, que conta con máis de 325 ópticas repartidas por toda a xeografía española.