Skip to main content

A World Federation of Orthodontist recoñece a traxectoria do profesor Juan Carlos Pérez Varela

Pérez Varela recolleu a placa que distingue a súa traxectoria de mans do doutor Nikhilesh Vaid
Pérez Varela recolleu a placa que distingue a súa traxectoria de mans do doutor Nikhilesh Vaid
A concesión do galardón realizouse no marco do Congreso da Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial que chega á súa edición número 68
Santiago de Compostela

O profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Juan Carlos Pérez Varela, acaba de ser recoñecido pola World Federation of Orthodontist (WFO), no marco da edición número 68 do Congreso da Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial. O foro celebrouse en Madrid e reuniu a un milleiro de participantes. Pérez Varela pronunciou o relatorio ‘Maloclusión esquelética e 3D. A unión fai a forza’, na que abordou como unha porcentaxe elevada de pacientes son mozos e mozas, en moitas ocasións, con maloclusións esqueléticas nos tres planos do espazo.

“O Congreso foi unha nova oportunidade para tocar algúns dos temas de máis relevancia na ortodoncia actual, como o tratamento temperán ou tratamentos multidisciplinarios, e fíxose unha posta ao día das novas tecnoloxías que poden aplicarse á ortodoncia para mellorar a predictibilidad e mellorar o resultado dos tratamentos”, explicou Juan Carlos Pérez Varela. O profesor recolleu a placa que distingue a súa traxectoria de mans do doutor Nikhilesh Vaid.

The contents of this page were updated on 07.05.2022.