Skip to main content

O Claustro Universitario debate as liñas xerais da Programación Plurianual 2019-2022 e as dos Orzamentos 2019

Na mesma sesión ordinaria, o Valedor da comunidade universitaria presentará o seu informe

O Claustro Universitario celebrará este xoves 29 unha xuntanza ordinaria na Facultade de Dereito a partir das 9.30 horas (primeira convocatoria). A sesión tamén se poderá seguir en directo a través de USC TV.

O informe do Valedor da comunidade universitaria abrirá a orde do día, ao que seguirán a aprobación, se procede, das liñas xerais da Programación plurianual 2019-2022 e as do Orzamento 2019. O informe do reitor e a rolda aberta de intervencións pechará a sesión.

The contents of this page were updated on 11.28.2018.