Skip to main content

Aberto o prazo para o envío de resumos do foro GEIVEX 2022

Ata o 21 de xullo poderán mandarse propostas a este simposio do Grupo Español de Innovación e Investigación en Vesículas Extracelulares
Santiago de Compostela

A sexta edición do simposio do Grupo Español de Innovación e Investigación en Vesículas Extracelulares (GEIVEX) mantén aberto o prazo para o envío de resumos ata o 21 de xullo. O foro desenvolverase do 26 ao 28 de outubro e contará entre os seus relatores con figuras como Miguel López da USC, Maria Elena Bottazzi do Baylor College of Medicine (Houston), Phil Felgner da Universidade de California, ou Lola Fernández Messina da Universidade Complutense de Madrid.

O simposio desenvolverase na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC e contará tamén coa mesa redonda ‘GEIVEX: o camiño dende a investigación básica, cara a transferencia e o impacto’. A inscrición pode formalizarse nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 07.12.2022.