Skip to main content

Comisións de servizo de postos base

Con carácter xeral non se conceden comisións de servizo de posto base a posto base no mesmo Campus, agás no suposto de cambio de quenda. Neste caso a súa concesión só será factible cando se trate de cubrir un posto vacante ou unha ausencia de duración superior a un ano.

Se existen solicitudes de comisións de servizo por cambio de quenda e de campus, atenderase
primeiro o cambio de quenda, de acordo coa seguinte orde:

  • Por cambio de quenda
  1. Maior antigüidade na presentación en rexistro da solicitude
  2. Se hai máis dunha solicitude da mesma data, ordenaranse de acordo coa seguinte prelación:
  • Persoal que pertenza ao grupo ou subgrupo máis alto aos que estea adscrito o posto
  • Maior antigüidade na escala
  • Número orde obtido no proceso selectivo da escala á que pertenzan.
     
  • Por cambio de campus.

    As vacantes non cubertas por persoal do propio Campus, así como as que resulten do cambio de quenda, ofertaranse de acordo coa prelación indicada no apartado anterior

The contents of this page were updated on 11.19.2024.