Xuntanza do Consello de Goberno
O Consello de Goberno tratará o luns 5 a proposta de calendario académico para o vindeiro curso 2018-2019, nunha sesión ordinaria que comezará ás 9.30 horas.
Na orde do día desta xuntanza tamén figura a aprobación da composición da Mesa de contratación para adaptala á Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público ou a renovación das comisións delegadas do Consello de Goberno, entre outros asuntos.