Skip to main content

Graduación da IV promoción do Máster en Enxeñaría química e bioprocesos

A cuarta promoción do Máster en Enxeñaría química e bioprocesos celebra este venres 2 a súa graduación, que presidirá a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

No acto, a celebrar ás 18.00 horas no salón de actos do centro, intervirán ademais Mercedes Pina Menéndez e Mauro Gisbert Verdú en nome do alumnado; a madriña da promoción, Ana Mª Soto Campos; a coordinadora do posgrao, Julia González Álvarez; o subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Francisco Omil Prieto; o director do Departamento de Enxeñaría Química Ramón Méndez Pampín; e o director de Operacións do Grupo Conservas Garavilla, José Manuel Blanco Cid.

The contents of this page were updated on 03.01.2018.