Skip to main content

Rexistro horario

Información sobre o Rexistro horario da Universidade de Santiago de Compostela

1. Información para o persoal con docencia.

A información recollida neste apartado afecta ao Persoal Docente e Investigador e ao Persoal Investigador incluído no ámbito de aplicación do II Convenio colectivo de persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (persoal predoutoral e posdoutoral de programas de recursos humanos)

Tanto as operacións relacionadas co rexistro da docencia, coma as solicitudes de ausencias e a tramitación de días de vacacións, permisos e licenzas do persoal con docencia, faranse accedendo á Aplicación de Rexistro Horario (ARH) da USC a través do seguinte enlace: https://fichaxe.usc.gal/

O Centro de Atención aos/ás Usuarios/as da USC atenderá as consultas sobre o uso da aplicación, que se farán enchendo o formulario de incidencias ou chamando á extensión telefónica 55555. A Xerencia atenderá na caixa de correo xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal) e na extensión telefónica 11307 as dúbidas relativas ao procedemento ou á interpretación da normativa que regula o rexistro horario e a concesión de vacacións, permisos e licenzas.

Rexistro da actividade docente

Onde podo ver as clases que teño que impartir?

Na páxina de inicio da aplicación de rexistro horario para o profesorado encontrará a lista das clases que ten asignadas no horario, tal e como foron rexistradas polo centro responsable de cada materia. A aplicación mostra as clases desde o instante da consulta cara adiante. Se quere ver clases de días ou horas anteriores, prema no botón coa icona da frecha apuntado cara arriba, que se encontra na esquina superior dereita do corpo principal da páxina.

Como se rexistra unha clase?

Basta con premer sobre a ficha de información desa clase. Non é necesario marcar o comezo e a finalización, basta con rexistrar unha única vez que se vai dar a clase.

Como se anula o rexistro dunha clase?

Na páxina de inicio da aplicación, ou premendo na opción de menú Rexistro, localice a clase para a que quere eliminar o rexistro e consulte o seu detalle. Prema no botón Eliminar para anular o rexistro desa clase.

Se me esquecín de marcar unha clase, que teño que facer?

Na páxina de inicio da aplicación, busque na lista de clases, desprazándose cara abaixo na relación que aparece na páxina, a sesión que quere rexistrar como impartida e prema o botón Pendente. Seleccione o motivo do rexistro diferido e prema no botón Rexistrar.

Se quero rexistrar unha clase que non aparece na lista, que teño que facer?

Prema na opción Rexistro do menú principal da aplicación e despois no botón Editar, mostrado como un botón coa icona dun lapis na esquina superior dereita da listaxe. No formulario debe cubrir os datos que permiten identificar a materia e seleccionar o motivo polo que dá de alta este rexistro. Pode solicitarse información adicional en función do motivo que escolla.

Se unha clase é compartida por dous profesores/as, como se fai o rexistro?

O obxectivo fundamental do sistema de rexistro da actividade docente é dispoñer dun medio que nos permita acreditar que a docencia recollida nos POD e nos horarios efectivamente se imparte. Por esta razón, nos casos excepcionais en que nunha mesma clase está presente máis dun/ha profesor/a, abonda con que un deles asine para dese xeito deixar rexistrada a clase. No caso particular de que na aula estean presentes o/a profesor/a da materia e unha persoa contratada predoutoral con docencia interactiva asignada na materia, podería asinar simplemente o primeiro. Se, pola contra, está só a persoa contratada predoutoral, asinaría esta.

Desde que dispositivos podo usar a aplicación?

O profesorado ten habilitada de oficio a posibilidade de rexistrar a súa docencia a través de calquera dispositivo. As páxinas da aplicación están adaptadas ao uso das pantallas de dispositivos móbiles de forma que sexa sinxelo interactuar cos formularios desde móbiles, tabletas e outros dispositivos persoais. A aplicación rexistra o enderezo IP desde o que se fai o rexistro.

Como podo consultar o rexistro de clases?

No apartado de Información pode ver a listaxe de clases así como un resumo da actividade mensual. Explícanse estas opcións no apartado Informes e avisos desta lista de preguntas e respostas.

Vacacións, permisos e licenzas

Tramitaranse nesta aplicación todas as solicitudes de vacacións, permisos e licenzas do PDI, tanto as que teñen a súa tramitación delegada en centros e departamentos como aquelas que debe autorizar a vicerreitoría correspondente.

Que solicitudes podo tramitar na aplicación?

Poden tramitarse na aplicación as solicitudes de permisos e licenzas recoñecidas na normativa de PDI que regula estes trámites (permisos e licenzas  e as solicitudes de cambio de vacacións para períodos fóra do mes de agosto).

Para cada un destes grupos de solicitudes, a aplicación inclúe os tipos recoñecidos na normativa e adapta o procedemento de solicitude a cada caso, segundo a súa tramitación estea delegada en centros e departamentos ou deban ser autorizadas pola vicerreitoría. Así mesmo, adapta o fluxo de aprobación ás situacións onde o solicitante sexa un decano/a ou director/a.

Como indico o/a profesor/a que me substitúe?

No caso das situacións nas que hai que nomear un/ha profesor/a substituto/a, a aplicación pedirá esta información nos formularios onde se cubre a solicitude. Poderá indicar un ou máis profesores substitutos e as clases nas que cada unha destas persoas substitúe á solicitante. Estas clases aparecerán na lista de clases que deberá rexistrar a persoa substituta. Cada unha das persoas substitutas terá que asinar no proceso de autorización, como se explica máis abaixo.

Despois de gardar a solicitude, como se tramita?

A tramitación depende do tipo de solicitude e, no caso dos permisos e licenzas, da duración do período no que se solicita gozar o permiso ou licenza.

A tramitación electrónica inclúe os avisos pertinentes a todas as persoas implicadas,  que recibirán por correo electrónico e poderán asinar no portasinaturas da USC con usuario e contrasinal da USC. Non é necesario que a persoa solicitante envíe ningún formulario nin avise ás persoas implicadas. Cando se remate a tramitación, ou en caso de que algunha das persoas implicadas decida non asinar, a persoa solicitante recibirá un aviso por correo electrónico.

Onde consulto as solicitudes que teño feitas?

Premendo na opción Solicitudes do menú principal da aplicación.

Como sei en que estado de tramitación está unha solicitude?

Na lista de solicitudes, prema na icona de detalles da fila correspondente á solicitude, situada na última columna da táboa.

No formulario pode ver a información completa da solicitude e o estado de tramitación. En particular, premendo sobre o nome do estado, pode ver o fluxo de sinatura e saber que persoas asinaron e cales faltan por asinar.

Informes e avisos

A aplicación avísame se non marquei unha clase?

En efecto, a aplicación envía un resumo diario das clases que non se rexistraron. Para evitar un número de avisos excesivo a aplicación agarda 2 días antes de enviar o aviso.

Onde podo consultar a miña lista de clases e o rexistro da miña actividade?

Toda a información do rexistro horario está dispoñible na opción Información do menú principal. No menú lateral, sección de informes, pode consultar a listaxe de clases e mais o resumo mensual da actividade docente do/a profesor/a.

Os decanos/as dos centros e directores/as dos departamentos, poderá consultar a través da Aplicación de Rexistro Horario a información sobre o rexistro da docencia do profesorado que imparte materias do seu centro ou do seu departamento respectivamente. Poderán tamén tramitar as solicitudes de vacacións, permisos e licenzas do profesorado  sobre as que teñan competencias.

Onde podo ver o rexistro da actividade do profesorado que imparte docencia nas materias do meu centro?

Se é decano/a prema na opción de Información do menú principal da aplicación. No menú lateral, sección Informes do centro pode ver a listaxe do profesorado con docencia no centro, a listaxe de materias por plan de estudos, o resumo mensual por centro e o resumo mensual por plan de estudos. Cada unha destas listaxes permite consultar as marcaxes por profesor/a e por materia e os resumos mensuais por profesor/a e por plan de estudos e materias, respectivamente.

Se é director/a de departamento prema na opción de Información do menú principal da aplicación. No menú lateral, sección Informes do departamento pode ver a listaxe de profesorado do departamento, o resumo mensual do departamento e o resumo mensual por área de coñecemento.

Onde podo ver as solicitudes de vacacións, permisos ou licenzas que afectan a materias do meu centro?

Se é decano/a prema na opción Solicitudes no menú principal e despois na opción Solicitudes do centro para ver as solicitudes de vacacións, permisos e licenzas que afectan ao centro. Pode consultar o detalle da solicitude na opción correspondente de cada fila.

Se é director/a de departamento prema na opción Solicitudes no menú principal e despois na opción Solicitudes do departamento para ver as solicitudes de vacacións, permisos e licenzas do profesorado do departamento. Pode consultar o detalle da solicitude na opción correspondente de cada fila.

Que teño que facer para tramitar as solicitudes de vacacións, permisos ou licenzas que afectan a materias do meu centro?

Tanto se é decano/a coma se é director/a de departamento debe asinar a petición no portasinaturas da USC mediante usuario e contrasinal. Con este acto informa favorablemente a petición. No caso de que decida non informar favorablemente, rexeite a sinatura e indique o motivo.

Ademais dos avisos do portasinaturas de documentos pendentes de asinar, recibirá periodicamente no seu correo electrónico avisos de solicitudes pendentes de tramitar.

2. Información para o persoal sen docencia

A información recollida neste apartado afecta ao Persoal de Administración e Servizos, ao Persoal de Apoio á Investigación e ao Persoal Investigador non incluído no II Convenio colectivo de persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

O rexistro horario de todo o persoal sen docencia da universidade farase accedendo á Aplicación de Rexistro Horario da USC a través do seguinte enlace: https://fichaxe.usc.gal/

O Centro de Atención aos/ás Usuarios/as da USC atenderá as consultas sobre o uso da aplicación, que se farán enchendo o formulario de incidencias ou chamando á extensión telefónica 55555. A Xerencia atenderá na caixa de correo xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal) e na extensión telefónica 11307 as dúbidas relativas ao procedemento ou á interpretación da normativa que regula o rexistro horario e a concesión de vacacións, permisos e licenzas.

Diariamente, todo o persoal disporá de 15 minutos para efectuar as fichaxes de entrada e saída, que se computará como tempo de traballo efectivo. No caso de ter que efectuar máis de dúas fichaxes na xornada, os minutos para efectuar as fichaxes seguen sendo 15 minutos, en total, por día. En ningún caso estes 15 minutos serán acumulables (utilizados noutro día), xa que o seu emprego é diario.

A Aplicación de Rexistro Horario amosará o rexistro de todas as horas e minutos traballados polo persoal, xa sexa dentro da súa xornada ou á marxe dela. As horas que excedan das que debe realizar o persoal en función da xornada que teña establecida non se terán en conta para os efectos da compensación horaria. No caso de ter que realizar horas extraordinarias aplicarase o disposto no artigo 46 do Convenio Colectivo.

Para o persoal non acollido a xornada flexible, a Aplicación de Rexistro Horario computará como xornada de traballo as marcaxes realizadas entre as 7:30 e as 16:00 horas e para a quenda de tarde entre as 14:00 e as 22:00 horas. No período de xornada reducida de verán, Semana Santa e Nadal a xornada de traballo computará dende as 8:00 até as 15:30 na quenda de mañá e dende as 14:00 até as 22:00 na quenda de tarde, sempre e cando os/as traballadores/as podan acceder ao edificio.

Nos períodos en que sexa aplicable o horario reducido, realizaranse as adaptacións necesarias. A aplicación destas condicións deberá respectar en todo caso a prestación dos servizos.

Vídeo explicativo

Criterios comúns para a compensación de eventuais incumprimentos

O persoal suxeito á xornada continuada xeral disporá diariamente de 30 minutos para compensar os eventuais atrasos na chegada ao seu posto de traballo. Neste suposto non será necesario xustificar esta demora, sempre e cando se recupere dentro da mesma xornada. O persoal da quenda de tarde poderá recuperar os eventuais atrasos na xornada inmediatamente seguinte á que se producira a ausencia, cun máximo de 30 minutos de recuperación.

O persoal que non estea acollido á xornada flexible poderá compensar outros incumprimentos excepcionais do horario asignado dentro do mesmo mes ou do seguinte a aquel no que se produzan. Esta compensación tamén será aplicable para os eventuais incumprimentos da parte fixa da xornada nos supostos de xornada flexible.

Para tramitar unha compensación de incumprimento do horario hai que crear unha solicitude na que se inclúa:

  • O mes do que se vai recuperar o incumprimento (o mes actual ou o anterior)
  • O día e o horario no que se van facer as horas que se deben, sempre fóra do horario habitual de traballo

Unha vez autorizada a solicitude, o día no que se fagan esas horas hai que rexistrar a entrada e a saía para verificar que se asistiu ao traballo.

A compensación de eventuais incumprimentos do horario, tanto para o persoal con horario continuado xeral como para o persoal acollido a algunha das modalidades de xornada flexible, debe realizarse nos períodos establecidos. No suposto de que no período de recuperación se vaia gozar de licenzas, permisos ou vacacións non existirá a opción de compensar nos días de goce agás nos seguintes supostos:

  • No suposto de xubilacións ou cesamento da relación laboral, cando esta sexa coñecida polo traballador ou traballadora, deberá ter realizada a totalidade correspondente á súa xornada laboral no momento en que se produza o seu cesamento.
  • Nos supostos de incapacidade laboral temporal ou permisos que impliquen a imposibilidade de recuperación de eventuais desvíos na marxe prevista, quen non teña realizado o total das horas correspondentes á súa xornada laboral no momento de se producir a baixa ou de iniciar o permiso, poderá recuperalo no momento da súa incorporación no período que lle corresponda segundo a xornada que teña establecida.

Xustificación de ausencias

As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal deberán comunicarse con carácter inmediato á persoa responsable da unidade administrativa á cal estea adscrito. Para os efectos desta comunicación terán validez as comunicacións electrónicas que permitan deixar constancia da súa realización, empregando con carácter xeral a Aplicación de Rexistro Horario.

As persoas responsables das unidades administrativas poderán esixir a xustificación que resulte oportuna para cada tipo de ausencia ou falta de puntualidade e non autorizarán dentro da xornada laboral aquelas ausencias por asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, agás as que correspondan ao cumprimento dun deber inescusable, segundo o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril. O cómputo das horas correspondentes á representación do persoal realizarase de xeito mensual. Estas horas rexistraranse na Aplicación de Rexistro Horario como unha ausencia por Funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal.

Non poderá constar ningunha ausencia no sistema de rexistro sen que estea debidamente xustificada de conformidade coa normativa vixente.

As ausencias e faltas de puntualidade e de permanencia segundo o cómputo que proceda en cada caso e sempre que supoñan incumprimentos superiores a 15 minutos e non queden debidamente xustificadas ou non fosen compensadas, darán lugar á dedución proporcional de haberes dentro dos 3 meses seguintes á finalización do ano, previa comunicación á persoa traballadora que disporá dun prazo de 15 días para xustificar as ausencias. Con carácter previo á dedución de haberes, darase traslado ao órgano de representación correspondente.

Rexistro da actividade laboral

Que é unha marcaxe?

Unha marcaxe é a acción mediante a que se lle indica á aplicación o comezo ou a finalización dun período de traballo durante a xornada laboral. Dito en termos coloquiais, indica a entrada e saída do posto de traballo.

Como marco o comezo da xornada?

Premendo no botón no botón Nova marcaxe na páxina de inicio da aplicación.

Como marco a fin da xornada?

Do mesmo xeito que o comezo, premendo no botón Nova marcaxe na páxina de inicio da aplicación.

Como fago as marcaxes de entrada e saída se teño xornada partida ou irregular?

Débese marcar o comezo e finalización de cada un dos períodos de traballo da xornada seguindo o procedemento indicado nas respostas anteriores.

Como comprobo se están feitas as marcaxes?

As marcaxes do día recóllense na táboa Tempo rexistrado da páxina de inicio da aplicación. O rexistro completo de marcaxes, tanto dos días previos como do día en curso, poden consultarse na listaxe Marcaxes, dispoñible no menú lateral da páxina de inicio.

Que significa tempo entre marcaxes? Que significa tempo de traballo efectivo? Como se computa o tempo traballado?

O tempo entre marcaxes é o tempo que transcorre entre unha marcaxe de entrada e unha marcaxe de saída. O tempo de traballo efectivo é o tempo que resulta de aplicar as regras recollidas no inicio desta páxina ao tempo entre marcaxes. O tempo traballado na xornada é a suma do tempo de traballo efectivo en cada un dos períodos da xornada.

Se me esquecín de marcar unha entrada ou unha saída, que teño que facer?

Debe solicitar unha Marcaxe esquecida. Para isto, prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione Marcaxes esquecidas na lista Tipo de solicitude e cubra a data e a hora da marcaxe esquecida. Opcionalmente pode achegar documentación xustificativa ou empregar o campo de texto de observacións se quere deixar constancia dalgunha circunstancia particular.

Unha vez cuberta a solicitude, prema no botón Seguinte. Mostrarase un resumo da información da solicitude e poderá rexistrar a solicitude de marcaxe esquecida premendo o botón Solicitar. A solicitude pasará á lista de solicitudes pendentes de tramitar pola persoa responsable da xestión do sistema de rexistro horario da unidade ou servizo.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Non puiden fichar a tempo por problemas de dispoñibilidade do meu equipo. Que fago?

Empregue a opción de Marcaxe esquecida para rexistrar a hora de entrada indicando a causa da imposibilidade para marcar no campo Observacións.

Se teño que deixar o meu posto de traballo, como fago?

Débese solicitar unha ausencia, seguindo o procedemento que se indica no apartado Ausencias.

Podo borrar unha marcaxe?

Non. Se marcou unha entrada por erro abra unha petición de tipo rexistro horario no CAU da ATIC parar solicitar borrar a marcaxe. Debe incluír o seu DNI, data e hora da marcaxe e o motivo da solicitude.

Desde onde hai que facer as marcaxes de entrada/saída?

Como regra xeral, desde o ordenador do posto de traballo. O sistema leva rexistro do enderezo IP desde onde se fan. Algunhas persoas poden facer marcaxes desde o móbil, pero esta posibilidade debe autorizala previamente a Xerencia da USC, para o que debe realizar a solicitude correspondente a través do seguinte formulario (pediráselle un informe da persoa responsable): https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/rexistroHorarioMobil.htm

Ausencias

Na aplicación emprégase o concepto de ausencia para todos os casos nos que un/ha empregado/a falta de forma xustificada do seu posto de traballo.

Todas as ausencias que se poden tramitar na aplicación rexístranse como solicitudes que ten que aceptar a persoa responsable que teña asignado/a o/a empregado/a. No caso de que a persoa responsable aprobe a solicitude, a ausencia contará como tempo traballado.

As ausencias derivadas de situacións de absentismo xustificado (baixas por incapacidade temporal, permisos especiais, etc) incorpóranse automaticamente desde a aplicación de xestión de recursos humanos, non é necesario solicitalas ou comunicalas.

Que ausencias podo solicitar?

Na aplicación poden solicitarse as seguintes ausencias, cuxa xestión está delegada nas persoas responsables das unidades administrativas:

  1. Asistencia a curso de formación.
  2. Por falecemento, por accidente ou enfermidade grave dun familiar.
  3. Concorrer a exames finais e demais probas de aptitude e avaliación en centros oficiais.
  4. Traslado de domicilio.
  5. Entrada/Saída desprazamentos autorizados.
  6. Desprazamento con comisión de servizos autorizada.
  7. Deberes inescusables de carácter público ou persoal.
  8. Funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal.
  9. Outras ausencias.
  10. Ausencia recuperable
  11. Compensación por traballar en festivos

Como solicito a ausencia?

Prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione como tipo de solicitude Ausencias autorizadas. Unha vez escolla esta opción poderá elixir a modalidade particular de Ausencia no menú Tipo de ausencia.

A continuación debe cubrir os períodos temporais afectados pola ausencia. Pode solicitar horas dun día, varios días consecutivos ou varios períodos. O sistema descontará automaticamente os días non laborables.

Ademais desta información, pódense achegar documentos xustificativos ou indicar no campo Observacións as circunstancias que considere relevantes para a tramitación da solicitude.

Para completar a solicitude debe premer no botón Seguinte, revisar o contido que se presenta no seguinte formulario e premer o botón Solicitar.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Podo solicitar unha ausencia que afecte a días anteriores á data na que estamos?

Si.

Onde podo consultar o estado das miñas solicitudes?

Prema na opción Solicitudes do menú superior.

Equivoqueime ao solicitar unha ausencia, como cancelo a solicitude?

Na listaxe de solicitudes prema no botón de Opcións na fila que representa a solicitude que quere cancelar. No formulario de detalle escolla a opción Anular solicitude.

Estou de baixa por incapacidade temporal ou calquera outro tipo de absentismo xustificado. Teño que rexistrar unha solicitude para que apareza na aplicación?

Os absentismos xustificados trasládanse automaticamente desde a aplicación de xestión de persoal da universidade ao sistema de rexistro horario, non é necesario facer ningunha operación. Poden tardar algúns días en aparecer en función dos procedementos internos de xestión de persoal.

Exemplos usuais

Se me chaman da escola da miña filla e teño que saír, que fago?

Rexistrar unha solicitude de ausencia con motivo Deberes inescusables de carácter público ou persoal.

Se teño que ir a unha cita médica, que fago?

Rexistrar unha solicitude de ausencia con motivo Deberes inescusables de carácter público ou persoal.

Vacacións, permisos e licenzas

Como solicito vacacións, permisos ou licenzas?

Prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione como tipo de solicitude Vacacións, permisos ou licenzas. Unha vez escolla esta opción poderá elixir a modalidade particular no menú Tipo de vacacións, permisos ou licenzas.

A continuación debe cubrir os períodos temporais que vai gozar. Pode solicitar horas dun día, varios días consecutivos ou varios períodos. O sistema descontará automaticamente os días non laborables e leva conta dos días solicitados e concedidos previamente. Non se poderá solicitar unha cantidade de días superior á total permitido para cada tipo. Neste cómputo téñense en conta as solicitudes previas aínda non tramitadas polo que, no caso de que se exceda o número máximo de días por mor dunha solicitude previa que xa non interesa, é necesario anulala antes de facer unha nova. Independentemente do número de días que amose a aplicación de rexistro horario, debe limitar as súas solicitudes aos contemplados na normativa de aplicación e no seu contrato, se ten calquera dúbida diríxase ao Servizo de Xestión de Persoal: sxp [at] usc.gal (sxp[at]usc[dot]gal) 

Por motivos de conciliación debidamente motivados (períodos de adaptación escolar, horarios de campamentos de verán, etc...) é posible fraccionar un único día de asuntos particulares en 7 horas. O sistema levará conta do número de horas empregadas nesta modalidade.

Ademais desta información, pódense achegar documentos xustificativos ou indicar no campo Observacións as circunstancias que considere relevantes para a tramitación da solicitude.

Para completar a solicitude debe premer no botón Seguinte, revisar o contido que se presenta no seguinte formulario e premer o botón Solicitar.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Equivoqueime ao solicitar os días de vacacións, permiso ou licenza. Como cancelo a solicitude?

Na listaxe de solicitudes prema no botón de Opcións na fila que representa a solicitude que quere cancelar. No formulario de detalle escolla a opción Anular solicitude.

Tense en conta a antigüidade para calcular o número de días de vacacións ou permiso que me corresponde?

A Aplicación de Rexistro Horario ten en conta esta información segundo os datos rexistrados na aplicación de xestión de recursos humanos da universidade. No caso de que detecte algún erro no cómputo, póñase en contacto co Servizo de Xestión de Persoal: sxp [at] usc.gal (sxp[at]usc[dot]gal) 

Informes e avisos

Onde podo ver a información que utiliza o sistema de rexistro horario no meu caso?

Prema na entrada de menú Información, do menú principal da aplicación. Aquí poderá consultar a información de datos persoais que utiliza a aplicación, así como a xornada e calendario que corresponden á súa relación laboral. Así mesmo, recóllese neste apartado a identificación da(s) persoa(s) responsable(s) que teñen que tramitar as súas solicitudes.

Onde podo ver o meu calendario laboral?

O calendario laboral, así como unha representación visual das solicitudes de ausencias, vacacións, etc, pode verse no apartado Calendario anual dentro da sección Información.

Onde podo ver informes de tempo traballado en cómputo diario, semanal ou mensual?

Dentro do menú Información prema na entrada Resumo da actividade laboral do/a traballador/a. Aquí poderá escoller o tipo de informe que quere consultar dentro das opcións mostradas.

A onde envía os avisos a aplicación?

As informacións e avisos personalizadas envíanse ao enderezo de correo electrónico que se mostra no apartado Sistema de notificacións da sección Información.

Estas instrucións van dirixidas ao persoal de apoio á investigación e ao persoal investigador non incluído no II Convenio colectivo de persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

A Aplicación de Rexistro Horario amosará o rexistro de todas as horas e minutos traballados polo persoal, xa sexa dentro da súa xornada ou á marxe dela. O cálculo das horas traballadas farase semanalmente en base a unha xornada de 35 horas semanais (ou a proporción que corresponda para os contratos que non sexan a xornada completa). 

Nos períodos en que sexa aplicable o horario reducido, realizaranse as adaptacións necesarias. A aplicación destas condicións deberá respectar en todo caso a prestación dos servizos.

Vídeo explicativo

 

Rexistro da actividade laboral

Que é unha marcaxe?

Unha marcaxe é a acción mediante a que se lle indica á aplicación o comezo ou a finalización dun período de traballo durante a xornada laboral. Dito en termos coloquiais, indica a entrada e saída do posto de traballo.

Como marco o comezo da xornada?

Premendo no botón Nova marcaxe na páxina de inicio da aplicación.

Como marco a fin da xornada?

Do mesmo xeito que o comezo, premendo no botón Nova marcaxe na páxina de inicio da aplicación.

Como fago as marcaxes de entrada e saída se teño xornada partida ou irregular?

Débese marcar o comezo e finalización de cada un dos períodos de traballo da xornada seguindo o procedemento indicado nas respostas anteriores.

Como comprobo se están feitas as marcaxes?

As marcaxes do día recóllense na táboa Tempo rexistrado da páxina de inicio da aplicación. O rexistro completo de marcaxes, tanto dos días previos como do día en curso, poden consultarse na listaxe Marcaxes, dispoñible no menú lateral da páxina de inicio.

Se me esquecín de marcar unha entrada ou unha saída, que teño que facer?

Debe solicitar unha Marcaxe esquecida. Para isto, prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione Marcaxes esquecidas na lista Tipo de solicitude e cubra a data e a hora da marcaxe esquecida. Opcionalmente pode achegar documentación xustificativa ou empregar o campo de texto de observacións se quere deixar constancia dalgunha circunstancia particular.

Unha vez cuberta a solicitude, prema no botón Seguinte. Mostrarase un resumo da información da solicitude e poderá rexistrar a solicitude de marcaxe esquecida premendo o botón Solicitar. A solicitude pasará á lista de solicitudes pendentes de tramitar pola persoa responsable da xestión do sistema de rexistro horario.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Non puiden fichar a tempo por problemas de dispoñibilidade do meu equipo. Que fago?

Empregue a opción de Marcaxe esquecida para rexistrar a hora de entrada indicando a causa da imposibilidade para marcar no campo Observacións.

Se teño que deixar o meu posto de traballo, como fago?

Débese solicitar unha ausencia, seguindo o procedemento que se indica no apartado Ausencias.

Podo borrar unha marcaxe?

Non. Se marcou unha entrada por erro abra unha petición de tipo rexistro horario no CAU da ATIC parar solicitar borrar a marcaxe. Debe incluír o seu DNI, data e hora da marcaxe e o motivo da solicitude.

Desde onde hai que facer as marcaxes de entrada/saída?

Como regra xeral, desde o ordenador do posto de traballo. O sistema leva rexistro do enderezo IP desde onde se fan. Algunhas persoas poden facer marcaxes desde o móbil, pero esta posibilidade debe autorizala previamente a Xerencia da USC, para o que debe realizar a solicitude correspondente a través do seguinte formulario (pediráselle un informe da persoa responsable): https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/rexistroHorarioMobil.htm

Ausencias

As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal deberán comunicarse, con carácter inmediato, á persoa responsable aos efectos de rexistro horario (pode consultar quen é na sección de “Información"). Para os efectos desta comunicación terán validez as comunicacións electrónicas que permitan deixar constancia da súa realización, empregando con carácter xeral a Aplicación de Rexistro Horario.

As persoas responsables aos efectos de rexistro horario poderán esixir a xustificación que resulte oportuna para cada tipo de ausencia ou falta de puntualidade e non autorizarán dentro da xornada laboral aquelas ausencias por asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, agás as que correspondan ao cumprimento dun deber inescusable, segundo o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril. O cómputo das horas correspondentes á representación do persoal realizarase de xeito mensual. Estas horas rexistraranse na Aplicación de Rexistro Horario como unha ausencia por Funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal.

Non poderá constar ningunha ausencia no sistema de rexistro sen que estea debidamente xustificada de conformidade coa normativa vixente.

As ausencias e faltas de puntualidade e de permanencia segundo o cómputo que proceda en cada caso e sempre que supoñan incumprimentos superiores a 15 minutos e non queden debidamente xustificadas ou non fosen compensadas, darán lugar á dedución proporcional de haberes dentro dos 3 meses seguintes á finalización do ano, previa comunicación á persoa traballadora que disporá dun prazo de 15 días para xustificar as ausencias. Con carácter previo á dedución de haberes, darase traslado ao órgano de representación correspondente.

Na aplicación emprégase o concepto de ausencia para todos os casos nos que un/ha empregado/a falta de forma xustificada do seu posto de traballo.

Todas as ausencias que se poden tramitar na aplicación rexístranse como solicitudes que ten que aceptar a persoa responsable que teña asignado/a o/a empregado/a. No caso de que a persoa responsable aprobe a solicitude, a ausencia contará como tempo traballado.

As ausencias derivadas de situacións de absentismo xustificado (baixas por incapacidade temporal, permisos especiais, etc) incorpóranse automaticamente desde a aplicación de xestión de recursos humanos, non é necesario solicitalas ou comunicalas.

Que ausencias podo solicitar?

Na aplicación poden solicitarse as seguintes ausencias, cuxa xestión está delegada nas persoas responsables aos efectos do rexistro horario:

  1. Asistencia a curso de formación.
  2. Por falecemento, por accidente ou enfermidade grave dun familiar.
  3. Concorrer a exames finais e demais probas de aptitude e avaliación en centros oficiais.
  4. Traslado de domicilio.
  5. Entrada/Saída desprazamentos autorizados.
  6. Desprazamento con comisión de servizos autorizada.
  7. Deberes inescusables de carácter público ou persoal.
  8. Funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal.
  9. Outras ausencias.

Os permisos para asistencia a congresos, xornadas, etc. do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos tramitaranse como “Outras ausencias” e xuntarase na solicitude o documento asinado polo vicerreitor/a de investigación.

Como solicito a ausencia?

Prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione como tipo de solicitude Ausencias autorizadas. Unha vez escolla esta opción poderá elixir a modalidade particular de ausencia no menú Tipo de ausencia.

A continuación debe cubrir os períodos temporais afectados pola ausencia. Pode solicitar horas dun día, varios días consecutivos ou varios períodos. O sistema descontará automaticamente os días non laborables.

Ademais desta información, pódense achegar documentos xustificativos ou indicar no campo Observacións as circunstancias que considere relevantes para a tramitación da solicitude.

Para completar a solicitude debe premer no botón Seguinte, revisar o contido que se presenta no seguinte formulario e premer o botón Solicitar.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Podo solicitar unha ausencia que afecte a días anteriores á data na que estamos?

Si.

Equivoqueime ao solicitar unha ausencia, como cancelo a solicitude?

Na listaxe de solicitudes prema no botón de Opcións na fila que representa a solicitude que quere cancelar. No formulario de detalle escolla a opción Anular solicitude.

Estou de baixa por incapacidade temporal ou calquera outro tipo de absentismo xustificado. Teño que rexistrar unha solicitude para que apareza na aplicación?

Os absentismos xustificados trasládanse automaticamente desde a aplicación de xestión de persoal da universidade ao sistema de rexistro horario, non é necesario facer ningunha operación. Poden tardar algúns días en aparecer en función dos procedementos internos de xestión de persoal.

Ausencias por asistencia a congresos, xornadas, estadías, reunións, e outros

O persoal contratado con cargo a actividades e proxectos de investigación así como en programas de recursos humanos que vaia asistir a congresos, xornadas, estadías, etc., realizará o seguinte procedemento:

  1. Encher o formulario habilitado para estes efectos, que inclúe a validación e sinatura dos responsables e da vicerreitoría con competencias na materia: https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/RRHH_InvAsistenciaCongresos.htm
  2. Unha vez asinado o formulario, dentro da ferramenta de rexistro deberá solicitar unha ausencia autorizada no menú “Solicitudes” e xuntar o arquivo asinado que se menciona no punto anterior.
  3. O persoal supervisor autorizará a ausencia na plataforma para que compute como tempo de traballo efectivo.

Saídas de campo

No suposto de que persoal investigador ou de apoio á investigación se desprace para realizar saídas de campo, a xestión poderá realizarse de dúas formas:

  1. Ausencia autorizada polo tempo da saída de campo. No campo de observacións consignarase o destino e o persoal supervisor deberá validar a solicitude para que figure como tempo efectivo de traballo na aplicación.
  2. Poderá solicitarse a autorización para realizar o rexistro desde un dispositivo móbil enchendo o seguinte formulario (requirirase o informe do persoal supervisor): https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/rexistroHorarioMobil.htm. Neste caso rexistrarase desde o dispositivo móbil o rexistro de entradas e saídas durante a xornada.

Vacacións, permisos e licenzas

Como solicito vacacións, permisos ou licenzas?

Prema na entrada Solicitudes do menú principal, situado na banda azul da parte superior da páxina, e despois na acción Nova solicitude do menú lateral. Seleccione como tipo de solicitude Vacacións, permisos ou licenzas. Unha vez escolla esta opción poderá elixir a modalidade particular no menú Tipo de vacacións, permisos ou licenzas.

A continuación debe cubrir os períodos temporais que vai gozar. Pode solicitar horas dun día, varios días consecutivos ou varios períodos. O sistema descontará automaticamente os días non laborables e leva conta dos días solicitados e concedidos previamente. Non se poderá solicitar unha cantidade de días superior á total permitido para cada tipo. Neste cómputo téñense en conta as solicitudes previas aínda non tramitadas polo que, no caso de que se exceda o número máximo de días por mor dunha solicitude previa que xa non interesa, é necesario anulala antes de facer unha nova. Independentemente do número de días que amose a aplicación de rexistro horario, debe limitar as súas solicitudes aos contemplados na normativa de aplicación e no seu contrato.

Por motivos de conciliación debidamente motivados (períodos de adaptación escolar, horarios de campamentos de verán, etc...) é posible fraccionar un único día de asuntos particulares en 7 horas. O sistema levará conta do número de horas empregadas nesta modalidade.

Ademais desta información, pódense achegar documentos xustificativos ou indicar no campo Observacións as circunstancias que considere relevantes para a tramitación da solicitude.

Para completar a solicitude debe premer no botón Seguinte, revisar o contido que se presenta no seguinte formulario e premer o botón Solicitar.

Premendo de novo na opción Solicitudes do menú superior pode consultar a lista de solicitudes que rexistrou. No caso de queira consultar o detalle dunha solicitude, prema na opción Accións da última columna da fila correspondente á solicitude. Ademais de comprobar a información da solicitude, nese formulario de detalle pode anulala no caso de ter que facelo.

O sistema avisarao/a por correo electrónico dos pasos que se sigan para tramitar a solicitude.

Equivoqueime ao solicitar os días de vacacións, permiso ou licenza. Como cancelo a solicitude?

Na listaxe de solicitudes, prema no botón de Opcións na fila que representa a solicitude que quere cancelar. No formulario de detalle escolla a opción Anular solicitude.

Se traballo nun centro con festivo propio, como teño que facer para rexistralo na aplicación?

Todo o persoal investigador e de apoio á investigación está asignado a unha unidade especial de rexistro que se creou ad hoc e para a que resulta imposible establecer os festivos propios de cada centro, así que haberá que actuar igual que o persoal que traballa en centros sen festividade propia. Para o día no que se vaia gozar do festivo propio do centro hai que tramitar unha solicitude de "Vacacións, permisos e licenzas" do tipo "Asuntos parti. Persoal centros sen festividade".

Informes e avisos

Onde podo ver a información que utiliza o sistema de rexistro horario no meu caso?

Prema na entrada de menú Información, do menú principal da aplicación. Aquí poderá consultar a información de datos persoais que utiliza a aplicación, así como a xornada e calendario que corresponden á súa relación laboral. Así mesmo, recóllese neste apartado a identificación da(s) persoa(s) responsable(s) que teñen que tramitar as súas solicitudes.

Onde podo ver o meu calendario laboral?

O calendario laboral, así como unha representación visual das solicitudes de ausencias, vacacións, etc, pode verse no apartado Calendario anual dentro da sección Información.

Onde podo ver informes de tempo traballado en cómputo diario e semanal?

Dentro do menú Información prema na entrada Resumo da actividade laboral do/a traballador/a. Aquí poderá escoller o tipo de informe que quere consultar. Teña en conta que o informe diario está feito en base a unha xornada diaria teórica de 7 horas, polo que os días nos que non se cumpran as 7 horas o informe sairá en negativo. Non obstante, o cómputo realízase de xeito semanal polo que o informe a ter en conta é o semanal, que está feito en base a unha xornada de 35 horas semanais (ou a proporción que corresponda para os contratos que non sexan a xornada completa)

A onde envía os avisos a aplicación?

As informacións e avisos personalizadas envíanse ao enderezo de correo electrónico que se mostra no apartado Sistema de notificacións da sección Información.

Marcaxes

Onde podo ver as marcaxes do persoal do que son responsable?

Premendo na opción Marcaxes do menú principal da aplicación e, a continuación, na opción Marcaxes do menú lateral. Teña en conta que a opción Marcaxes diarias só inclúe as súas propias marcaxes mentres que a opción xeral Marcaxes mostra todas as marcaxes do persoal do que é responsable.

Podo eliminar unha marcaxe dun/ha empregado/a?

Non. Se o/a empregado/a marcou unha entrada ou saída por erro ten que abrir unha petición de tipo rexistro horario no CAU da ATIC parar solicitar borrar a marcaxe. Debe incluír o seu DNI, data e hora da marcaxe e o motivo da solicitude.

Que marcaxes teño que aprobar?

As únicas marcaxes que debe aprobar son as referidas a marcaxes esquecidas, que se tramitan no mesmo apartado que o resto de solicitudes relacionadas co rexistro horario.

Para aprobar unha solicitude de marcaxe esquecida, localice a solicitude na relación de solicitudes do persoal ao seu cargo, márquea e prema o botón Aprobar situado ao final da listaxe. Empregando os filtros de busca pode limitar o número de resultados, buscar unha persoa concreta e aprobar solicitudes en bloque.

Pode consultar o detalle dunha solicitude premendo no botón de Opcións da fila que representa a solicitude. No formulario de detalle pode aprobala ou eliminala.

Calquera das opcións de tramitación envía unha mensaxe de correo electrónico á persoa solicitante para informala do cambio de estado da solicitude.

Ausencias

Como aprobo ou denego ausencias?

A aplicación trata as ausencias como solicitudes, de forma que se aproban ou denegan empregando os mesmos medios que os indicados no caso das marcaxes esquecidas.

Vacacións, permisos e licenzas

Como aprobo ou denego solicitudes de vacacións ou permisos?

Do mesmo xeito que as solicitudes do apartado anterior. A aplicación leva conta dos días solicitados e concedidos.

Podo ter unha visión xeral dos días concedidos para asegurarme de que o servizo queda atendido?

Si, na opción Planificación da unidade de rexistro horario, explicada máis abaixo, no apartado de Información.

Informes e avisos

Informes de tempo traballado

Pode consultar os informes de tempo traballado en cómputo diario, semanal ou mensual de cada persoa que teña asignada no apartado de información, ao que se accede premendo na opción Información do menú principal. Escolla o informe adecuado no menú lateral dereito, apartado Información.

A aplicación avisa da solicitudes que teño pendentes de tramitar?

Si, recibirá unha mensaxe de correo electrónico diaria coas solicitudes pendentes de tramitar.

Cambio de posto e deixo de ser responsable, que debo facer?

Comunicar a circunstancia a xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal) indicando, se é o caso, a persoa substituta

Cambio de posto e agora son responsable nunha unidade, que debo facer?

Se o seu/súa antecesor/a non fixo a solicitude de cambio de responsable, debe comunicar a circunstancia a xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal)

En caso de ausencia, como indico quen é o responsable da miña unidade?

Debe usar a opción Listaxe de delegados/as na sección de Configuración indicando a persoa na que quere delegar a xestión do rexistro horario e o período polo que quere facer esa delegación (pode facelo de xeito indefinido deixando a data de fin en branco). Tamén pode revogar esta delegación en calquera momento.

Vídeo explicativo

Acceso á aplicación

Para supervisar o rexistro horario e tramitar as solicitudes de ausencia do persoal de apoio á investigación e do persoal investigador sen docencia ao seu cargo debe acceder pola sección “Persoal sen docencia” en https://fichaxe.usc.gal/

Marcaxes

Onde podo ver as marcaxes do persoal do que son responsable?

Premendo na opción Marcaxes do menú principal da aplicación e, a continuación, na opción Marcaxes do menú lateral (non en Marcaxes diarias).

Podo eliminar unha marcaxe dun/ha empregado/a?

Non. Se o/a empregado/a marcou unha entrada ou saída por erro ten que abrir unha petición de tipo rexistro horario no CAU da ATIC parar solicitar borrar a marcaxe. Debe incluír o seu DNI, data e hora da marcaxe e o motivo da solicitude.

Que marcaxes teño que aprobar?

As únicas marcaxes que debe aprobar son as referidas a marcaxes esquecidas, que se tramitan no mesmo apartado que o resto de solicitudes relacionadas co rexistro horario.

Para aprobar unha solicitude de marcaxe esquecida, localice a solicitude na relación de solicitudes do persoal ao seu cargo, márquea e prema o botón Aprobar situado ao final da listaxe. Empregando os filtros de busca pode limitar o número de resultados, buscar unha persoa concreta e aprobar solicitudes en bloque.

Pode consultar o detalle dunha solicitude premendo no botón de Opcións da fila que representa a solicitude. No formulario de detalle pode aprobala ou eliminala.

Calquera das opcións de tramitación envía unha mensaxe de correo electrónico á persoa solicitante para informala do cambio de estado da solicitude.

Ausencias

Como aprobo ou denego ausencias?

A aplicación trata as ausencias como solicitudes, de forma que se aproban ou denegan empregando os mesmos medios que os indicados no caso das marcaxes esquecidas.

Vacacións, permisos e licenzas

Como aprobo ou denego solicitudes de vacacións ou permisos?

Do mesmo xeito que as solicitudes do apartado anterior. A aplicación leva conta dos días solicitados e concedidos.

Podo ter unha visión xeral dos días concedidos para asegurarme de que o servizo queda atendido?

Si, na opción Planificación da unidade de rexistro horario, explicada máis abaixo, no apartado de Información.

Informes e avisos

Informes de tempo traballado

Pode consultar os informes de tempo traballado en cómputo diario ou semanal de cada persoa que teña asignada no apartado de información, ao que se accede premendo na opción Información do menú principal. Escolla o informe axeitado no menú lateral dereito, apartado Información.

A aplicación avisa das solicitudes que teño pendentes de tramitar?

Si, recibirá unha mensaxe de correo electrónico diaria coas solicitudes pendentes de tramitar.

Se deixo de ser IP, que debo facer?

Comunicar a circunstancia a xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal) indicando, se é o caso, a persoa substituta.

Se me incorporo como IP, que debo facer?

Se o seu/súa antecesor/a non fixo a solicitude de cambio de responsable, debe comunicar a circunstancia a xerente [at] usc.gal (xerente[at]usc[dot]gal)

Podo delegar a xestión do rexistro horario do persoal que depende de min?

Si, pode delegar estas funcións usando a opción Listaxe de delegados/as na sección de Configuración indicando a persoa na que quere delegar a xestión do rexistro horario e o período polo que quere facer esa delegación (pode facelo de xeito indefinido deixando a data de fin en branco). Tamén pode revogar unha delegación en calquera momento.

The contents of this page were updated on 05.16.2024.