Skip to main content

Xeografía da USC colabora con Médicos sen Fronteiras na organización dun ‘mapathon’

Xeografía da USC colabora con Médicos sen Fronteiras na organización dun ‘mapathon’
Xeografía da USC colabora con Médicos sen Fronteiras na organización dun ‘mapathon’

Aínda existen zonas do mundo que non aparecen nos mapas, pero hai que chegar a eles para así axudar a quen máis o necesita. Nesta liña, Médicos Sen Fronteiras está a organizar unha actividade voluntaria colaborativa no marco do Proxecto Missing Maps orientada a obter cartografía que despois a ONG poderá utilizar nas diversas zonas do planeta nas que interveñen.

En Santiago ese ‘mapathon’ terá lugar o 7 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia, en colaboración co Departamento de Xeografía da USC. Trátase de que as persoas que se inscriban en msf.es/mapaton completen a cartografía, xeralmente de infraestruturas e vivendas, empregando a aplicación Open Street Map. Non son precisos coñecementos previos, pero será de grande utilidade ter experiencia na interpretación de imaxes remotas. De todos os xeitos, haberá persoal de Médicos sen Fronteiras e da USC para axudar a quen decida participar.

A actividade celebrarase na Aula 17 da Facultade en dúas quendas de 3 horas, una de mañá e outra de tarde.

The contents of this page were updated on 10.30.2018.