Skip to main content

Aberta a convocatoria para as probas de selección do terceiro ciclo de concertos ‘Novos Talentos Musicais’

Dirixido a instrumentistas, cantantes e grupos de música de cámara, a Asociación Compostela Sound e a USC veñen de abrir a convocatoria para as probas de selección do terceiro ciclo de concertos ‘Novos Talentos Musicais’. O prazo para inscribirse remata o 16 de decembro e as probas de selección serán un mes despois.

O ciclo, destinado a á promoción de novos músicos galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros de Música Galegos que non teñan máis de 29 anos, constará de 7 recitais no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo da Universidade e na Sala da Real Sociedad Económica de Amigos del País da cidade de Santiago de Compostela.

The contents of this page were updated on 11.08.2018.