Skip to main content

Curso: Configuración e administración de redes

17,18, 20, 24, 25, 27, 31 de outubro de 2022, de 16:00 a 18:30h

Obxectivos

  • Sentar unha base sólida sobre o modo en que funcionan as redes IP.
  • Entender o modelo TCP/IP e a función das diferentes capas no proceso de Encapsulación/Desencapsulación.
  • Comprender as funcións máis importantes dun switch como elemento crave da capa 2.
  • Entender os diferentes tipos de direccións: Unicast, Multicast e Broadcast.
  • Entender as funcións dun Router como elemento crave da capa 3. Aprender que é unha Rede IP, e realizar operacións básicas con direccións IP.
  • Ter claro o proceso de comunicación completo a nivel de capas 2 e 3 entre dous equipos en redes distintas.
  • Coñecer os roteiros estáticos e os roteiros por defecto nun router.
  • Comprender ben as funcións máis importantes da capa de Transporte.
  • Entender para que serven e como funcionan as VLANs.
  • Entender o protocolo DNS, para que serve e como traballa.

Contidos

  • Introdución ás redes.
  • Arquitectura TCP/IP e modelo OSI.
  • Fundamentos da capa 2 – Switching.
  • Fundamentos da capa 3 - Routing e direccionamento IP.
  • Fundamentos da capa 4 - TCP e UDP.
  • Redes virtuais: VIRTUAL LANS / VLANS.
  • NAT & PAT - Tradución de direccións IP e portos.
  • Protocolo DNS - Resolución de nomes de dominio.

Público obxectivo: Profesorado, PDI e alumnado de grao e mestrado.

Nº de horas: 20

Nº de prazas: 30

Modalidade: presencial e virtual mixta.

Coordinador do curso: Roberto Iglesias Rodríguez.

Docente do curso: Oscar Manuel Carballal. Área TIC USC.

The contents of this page were updated on 11.30.2023.