Skip to main content

Alumni USC debate este mércores sobre asociacionismo

A asociación Alumni USC organiza este mércores 14 unha mesa redonda sobre asociacionismo na que participarán representantes de diversas entidades da cidade.

Así, ás 19.00 horas no Auditorio da sede da Fundación Abanca (Rúa do Vilar, 19) o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, moderará o debate coa presidenta da asociación organizadora, Benita Silva; o vicepresidente do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla; o secretario da Asociación de Empresarios do Tambre, Ramón Lois; a vicepresidenta da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), Paula Sande, e Kai L. Baltrusch, representante da asociación de estudantes Bota e Bata.

The contents of this page were updated on 11.13.2018.