Skip to main content

O sector conserveiro centra o coloquio de economía aplicada deste mércores

O sector conserveiro centra o coloquio de economía aplicada deste mércores
O sector conserveiro centra o coloquio de economía aplicada deste mércores

Os II Coloquios de Economía Aplicada volven este mércores 14 cunha nova sesión, nesta ocasión centrada no sector conserveiro, estratéxico para Galicia. A cita será ás 16.30 horas na aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

No debate, o catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, Xoán Carmona Badía, e a directora xeral de Conservas Friscos S.A, Rosa María Nieto Pombar, abordarán cunha visión ampla, integradora e resolutiva a realidade e as perspectivas do sector das conservas do peixe en Galicia á vez que incidirán no papel da muller.

The contents of this page were updated on 11.13.2018.