Presentación de ‘LinGloDixing, Linguaxe, multilingüismo e dixitalización con especial referencia á lingua inglesa histórica e contemporánea’
A presentación telemática do Programa Propio de Investigación e Xestión da Facultade de Filoloxía da USC ‘LinGloDixing, Linguaxe, multilingüismo e dixitalización con especial referencia á lingua inglesa histórica e contemporánea’, desenvólvese este luns, 10 de outubro, ás 16.30 horas. Esta presentación correrá a cargo dos coordinadores do programa, a profesora Teresa Fanego e o profesor Ignacio Palacios, ambos os dous membros da área de Filoloxía Inglesa.
LinGloDixing agrupa a dous equipos de investigación integrados por un total de quince persoas dos campus de Santiago e Lugo, xunto con persoal de xestión e alumnado de doutoramento. Nos últimos dez anos, defendéronse no seo destes dous grupos un total de 23 teses de doutoramento, alén de organizar diversos seminarios e congresos internacionais. Durante este acto presentaranse as liñas e proxectos de investigación así como os obxectivos a curto a longo prazo deste programa.
A presentación irá seguida dunha conferencia a cargo do catedrático da Universidade de Zurich, Daniel Schreier. Pódese atopar máis información nesta ligazón.