Skip to main content

Un simposio analiza os últimos avances científicos no eido das vesículas extracelulares

O reitor Antonio López presidiu o acto inaugural. FOTO: Santi Alvite
O reitor Antonio López presidiu o acto inaugural. FOTO: Santi Alvite
A sexta edición deste foro que se estende ata o venres 28 na Facultade de Medicina e Odontoloxía, pon o foco na medicina personalizada a través do desenvolvemento de novas ferramentas e biomarcadores de alto impacto social
Santiago de Compostela

GEIVEX, organización que promove a innovación e a investigación no eido das vesículas extracelulares botou a andar este mércores 26, na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, a sexta edición do seu simposio internacional. A sesión de apertura estivo presidida polo reitor Antonio López e contou coas intervencións de María Pardo, presidenta do comité local;  María Yáñez, presidenta de GEIVEX; Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN); Julián Álvarez, decano do centro que acolle o foro; e María Luz Couce, directora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

Esta entidade pon o foco na medicina personalizada a través do desenvolvemento de novas ferramentas e biomarcadores de alto impacto social que xeren beneficios na saúde global. O encontro que se estende ata o venres 28 contou co relatorio inaugural de Maria Elena Bottazzi do Baylor College of Medicine de Houston, quen disertou sobre o influxo da COVID-19 no desenvolvemento de vacinas contra enfermidades tropicais desatendidas.

O foro artéllase en diferentes sesións temáticas que abranguen dende as vesículas extracelulares (EVs, nas súas siglas en inglés) en relación a infeccións e inmunidade, biopsia líquida e biomarcadores, EVS e cancro, medicina traslacional ou os últimos avances metodolóxicos neste ámbito, entre outros.

Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 10.26.2022.