Skip to main content

Bota a andar o primeiro Campionato de Debate en Galego

O debate competitivo en formato BP (Parlamento Británico, polas súas siglas en inglés) consiste no enfrontamento de catro equipos de dous. FOTO: Facebook Club Debate Compostela
O debate competitivo en formato BP (Parlamento Británico, polas súas siglas en inglés) consiste no enfrontamento de catro equipos de dous. FOTO: Facebook Club Debate Compostela
Relacións Laborais acollerá esta actividade por parellas, formativa, lúdica e competitiva cuxo prazo de inscrición permanece aberto ata o venres 4 de novembro ás 23.59 horas
Santiago de Compostela

Da tarde do venres 11 á mañá do domingo 13 de novembro terá lugar o primeiro Campionato de Debate en Galego, unha actividade por parellas, formativa, lúdica e competitiva onde o alumnado da USC poderá mellorar a súa capacidade para expresarse oralmente. A iniciativa terá lugar na Facultade de Relacións Laborais, excepto a final do domingo que se desenvolverá no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O debate competitivo en formato BP (Parlamento Británico, polas súas siglas en inglés) consiste no enfrontamento de catro equipos de dous, que defenderán posturas en contra ou a favor de distintas temáticas coa finalidade de convencer a un grupo de xuíces. Nesta fin de semana, as persoas participantes  poderán descubrir este formato da man dalgúns dos mellores oradores/as do país.

En total debateranse seis roldas e haberá premios para os gañadores e gañadoras da categoría de novatos (persoas sen experiencia) e da modalidade aberta. A data límite para inscribirse é o venres 4 de novembro ás 23.59 horas a través desta páxina web. As dúbidas poden trasladarse ao correo cmuga2022 [at] gmail.com (cmuga2022[at]gmail[dot]com)

The contents of this page were updated on 11.02.2022.