Skip to main content

Unha xornada profundará nas novas violencias sexuais

Imaxe de arquivo de alumnado no campus. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de alumnado no campus. FOTO: Santi Alvite
Submisión química ou as agresións dixitais serán abordadas por diversos especialistas que se darán cita o 11 de novembro en Ciencias da Comunicación
Santiago de Compostela

As novas violencias sexuais serán obxecto de análise nun foro que se desenvolverá o vindeiro 11 de novembro e que profundará en cuestións como a submisión química ou as agresións dixitais. A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá esta xornada cuxa inscrición pode formalizarse ata o 9 de novembro a través desta ligazón. A actividade atópase incluída no percurso formativo Programa de actividades ‘O acoso e as novas formas de violencia sexual’ recoñecido con 1 crédito ECTS para toda as titulacións de grao da USC.

Francisco José Aramburu Vilariño, director de Urxencias do CHOU; Inés Sánchez Sellero, profesora da Facultade de Medicina da USC; Cláudia Morán Mato, integrante da asociación Xornalistas Galegas; Sara Purcell Sobrino, da Unidade de Atención Psicolóxica da USC; Patricia Alonso Ruído, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da USC; e Ana López-Suevos, maxistarda titular do xulgado de instrución número 1 de Santiago de Compostela, interveñen na sesión. O programa completo está dispoñible na web da Oficina de Igualdade de Xénero.

Cartel do foro
Cartel do foro
The contents of this page were updated on 11.02.2022.