Skip to main content

O profesor Tomás Cuesta García toma posesión este mércores como director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC

O reitor Antonio López presidirá a cerimonia, que se desenvolverá no salón de actos do centro universitario do campus de Lugo a partir das 13.00 horas

O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Tomás Cuesta García tomará este mércores 10 de outubro posesión no cargo como director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus Lugo no marco dun acto que se desenvolverá, a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués.

O reitor da USC, Antonio López, presidirá esta cerimonia institucional, un acto académico no que, entre outros, tamén participarán a secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella, así como a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero; a vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro, e, entre outros, o adunxto á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata.

O profesor Xosé R. Fernández Vidal, que desenvolverá as funcións de subdirector de Calidade da EPS de Enxeñaría de Lugo; a profesora Rosa Romero Franco, que continúa un segundo mandato á fronte da Subdirección de Prácticas Externas e Orientación Laboral, e Alberte Castro, que tamén se mantén na Subdirección de Organización Académica, completan o novo equipo de dirección da EPS de Enxeñaría, ao que tamén se incorpora a profesora Dolores Fernández Rodríguez, que desenvolverá as funcións de secretaria académica do centro universitario lugués.

The contents of this page were updated on 10.09.2018.