Skip to main content
  • Research

A conservación medioambiental, unha peza chave para xerar riqueza e fixar poboación no medio rural

Julio Abalde, José Tomé e Francisco Fraga, na apertura do congreso final do life In Common Land
Julio Abalde, José Tomé e Francisco Fraga, na apertura do congreso final do life In Common Land
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o reitor da UDC, Julio Abalde, chaman a aproveitar todas as sinerxías para facer o medio rural máis rendible e atractivo na apertura do congreso de clausura do life In Common Land
Lugo

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López, presenta o Campus Terra da USC como un polo de coñecemento de I+D axeitado para mellorar a conservación e a rendibilidade do medio rural, así como para avanzar na ordenación do seu territorio e fixar poboación. Fraga López realizou estas declaracións na sesión inaugural do congreso de clausura do Life In Common Land, no marco dun acto no que tamén participaron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o reitor da UDC, Julio Abalde.

O presidente da Deputación de Lugo, José Roca, e o reitor da UDC, Julio Abalde, que tamén participaron como relatores na presentación deste foro, abundaron tamén na necesidade de coidar o medio rural e de dotalo cada vez de máis servizos, a fin de atraer máis poboación. A apertura deste congreso serviu asemade para poñer en valor as distintas accións desenvolvidas na Serra do Xistral no último lustro ao abeiro deste programa Life, que contou cun orzamento de preto de dous millóns de euros.

As actuacións do Life In Common Land, unha iniciativa de I+D van encamiñadas a reverter diversas ameazas que afectan os hábitats naturais na Serra do Xistral, un espazo no que o progresivo abandono do pastoreo de doutros usos tradicionais deu pé a alteracións na composición e na configuración da paisaxe.

A ambigüidade e a pouca definición nas directrices de xestión medioambiental, a degradación dos hábitats ligados á actividade humana, o cambio climático y as difíciles condicións das áreas de montaña que implican a perda paulatina de poboación constitúen outros dos temas que se abordarán durante dúas xornadas neste evento final do life In Common Land.

O congreso, estruturado arredor de cinco grandes bloques temáticos e no que tomarán parte expertos internacionais, servirá asemade para poñer de relevo a importancia do emprego de ferramentas colaborativas capaces de establecer sinerxías entre os montes veciñais en man común, as administracións e o conxunto da sociedade. Alianzas todas elas encamiñadas a favorecer o desenvolvemento económico e a conservación medioambiental nunha área de gran valor ecolóxico como é  a Serra do Xistral.

Julio Abalde, José Tomé e Francisco Fraga, antes da apertura do congreso no Pazo de San Marcos
Julio Abalde, José Tomé e Francisco Fraga, antes da apertura do congreso no Pazo de San Marcos
The contents of this page were updated on 11.08.2022.