Skip to main content

Un foro reflexiona sobre os retos da investigación en lipodistrofias

Trátase dun encontro de carácter formativo que pretende ser tamén un foro de convivencia e intercambio de experiencias dirixido a estudantes, profesionais, afectados e familiares. FOTO: Santi Alvite
Trátase dun encontro de carácter formativo que pretende ser tamén un foro de convivencia e intercambio de experiencias dirixido a estudantes, profesionais, afectados e familiares. FOTO: Santi Alvite
O CiMUS acolleu o acto inaugural dun congreso que se estende ata este sábado 19
Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina e Odontoloxía xunto co Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) impulsan dende este venres 18 e ata o sábado 19, unha nova edición do Congreso Internacional de Lipodistrofias organizado pola Asociación Internacional de Familiares e Afectados (AELIP) e polo propio CiMUS da USC, a través da Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas que coordina o profesor David Araújo.

Trátase dun encontro de carácter formativo que pretende ser tamén un foro de convivencia e intercambio de experiencias dirixido a estudantes, profesionais, afectados e familiares no que se presentarán en formato híbrido, en liña e presencial, con preto de 500 asistentes, os avances máis destacados para afrontar o desafío pouco común que supoñen as lipodistrofias. Farase da man dun importante número de persoas relatoras, moitas delas estranxeiras, e todas expertas neste campo, tanto na súa vertente clínica como de investigación básica. Ademais do profesor Araújo, tamén participaron no acto de apertura Carlos Diéguez, director científico do CiMUS; e Naca Pérez, de AELIP.

The contents of this page were updated on 11.18.2022.