Skip to main content

A USC ocupa o primeiro posto no ránking das mellores universidades españolas en Enxeñaría Ambiental

Laboratorio de Enxeñaría Ambiental na ETSE. FOTO: Santi Alvite
Laboratorio de Enxeñaría Ambiental na ETSE. FOTO: Santi Alvite
A clasificación elaborada por Research.com sitúa a institución compostelá no chanzo 112 do mundo e distingue a trece dos seus investigadores e investigadoras
Santiago de Compostela

Research.com acaba de situar a USC como a primeira universidade española no eido da Enxeñaría Ambiental. Esta clasificación elaborada a partir dos datos extraídos, ata o 6 de decembro de 2021, da base de datos bibliométrica Microsoft Academic Graph, sitúa a institución compostelá no chanzo 112 do mundo, alén de distinguir a trece dos seus investigadores logo da análise de 166.880 perfiles académicos, dos cales 9.206 pertencen ao ámbito da enxeñaría ambiental. Para a elaboración deste ránking analizouse o persoal científico de máis de 1.315 filiacións.

O profesor Gumersindo Feijoo Costa ocupa o primeiro posto na contorna estatal e o chanzo 676 a nivel internacional. Séguenlle Sara González-García, Maria Teresa Moreira, Marta Carballa, Francisco Omil, Anuska Mosquera-Corral, Almudena Hospido, Alejo Carballeira, Felipe Macías, J.A. Fernández, Jesús R. Aboal, Xosé Luis Otero e Agustín Merino.

A posición neste ránking parte do estudo do persoal científico cun índice h de polo menos 30 por disciplina. Este indicador constitúe unha medida indicativa que reflicte a cantidade de publicacións influentes escritas polo persoal investigador. O índice h de disciplina (índice D) calcúlase considerando só as publicacións e os seus valores de citación que pertencen a unha disciplina examinada.

The contents of this page were updated on 11.18.2022.