Skip to main content

‘Cajal: esas bolboretas da alma’ rende tributo á vida e obra do premio Nobel español, Santiago Ramón y Cajal

Esta exposición pretende render tributo á vida e obra do premio Nobel español. FOTO: Santi Alvite
Esta exposición pretende render tributo á vida e obra do premio Nobel español. FOTO: Santi Alvite
A mostra pode visitarse na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC ata o 9 de decembro
Santiago de Compostela

Fragmentos da vida e obra do Nobel español considerado o “pai da neurociencia” permanecen expostos na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC grazas á exposición ‘Cajal: esas bolboretas da alma’. Comisariada a nivel local polos investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), o profesor José Luis Labandeira García e a profesora Ana Isabel Rodríguez Pérez, a mostra enmárcase no 170 aniversario do nacemento e o centenario da xubilación de Santiago Ramón y Cajal. Por estes dous aniversarios, o 2022 é o Ano da Investigación Ramón y Cajal. A mostra pode visitarse ata o 9 de decembro.

Esta exposición pretende render tributo á vida e obra do premio Nobel español e achegar a estudantes e público en xeral a súa prolífica traxectoria científica e artística a través de facsímiles de debuxos científicos de autor, cuxa recompilación foi realizada pola profesora Rosario Moratalla, do Instituto Cajal do CSIC. O título evoca o nome co que o Nobel denominaba as neuronas piramidais (bolboretas), relacionadas coa plasticidade cerebral e a cognición.

The contents of this page were updated on 11.28.2022.