Skip to main content

Ángel Concheiro Nine, novo presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia

Ángel Concheiro na lectura do seu discurso. FOTO: SERGAS
Ángel Concheiro na lectura do seu discurso. FOTO: SERGAS
O profesor emérito da USC tomou posesión do seu cargo, en substitución de Manuel Puga Pereira, nunha cerimonia celebrada este luns 28
Santiago de Compostela

O profesor emérito da USC e investigador do Instituto de Materiais (iMATUS), Ángel Concheiro Nine, tomou posesión este luns 28 do seu cargo como presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, en substitución de Manuel Puga Pereira. Tamén tomaron posesión os cargos electos da Xunta de Goberno: Mabel Loza como vicepresidenta, Carmen Álvarez como secretaria, Soledad Muniategui Lorenzo como tesoureira, e Jorge Barros Velázquez como responsable da biblioteca.

Angel Concheiro é licenciado e doutor en Ciencias Químicas (1976) e Farmacia (1981) pola USC. Foi profesor titular de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica dende 1983 a 1988 e catedrático dende 1988. É membro do grupo I+DFarma da USC. A súa investigación céntrase no deseño e a avaliación de sistemas avanzados de administración de fármacos, utilizando armazóns e hidroxeles poliméricos intelixentes e de impresión molecular e estratexias bioinspiradas. As súas liñas de traballo inclúen o desenvolvemento de produtos sanitarios que actúen como plataformas de cesión sostida de fármacos (produtos combinados) e de scaffolds poliméricos 2D e 3D para medicina rexenerativa. É coautor de máis de 350 artigos en revistas indexadas, 30 capítulos de libros, varias contribucións en revistas non indexadas e máis de 365 comunicacións a congresos.

The contents of this page were updated on 11.29.2022.