Radon, memoriais e tormentas solares na primeira NerdNite do curso
Este martes 22 comeza unha nova edición das NerdNites, nas que se falará de morte, memoriais e espazo público, do radon e da posibilidade de quedar bloqueados por unha tormenta solar. A cita, de entrada libre, será ás 21.30 horas no café Casino.
Nesta ocasión, contarase coa participación da investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), Cristina Sánchez Carretero, coa charla 'Morte, memoriais e espazo público?’; a profesora do Departamento de Física de Partículas da USC e investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Dolores Cortina Gil, con 'Os ollos que ven o radon'; e o investigador posdoutoral Fulbright na Universidade de Illinois e asociado ao Departamento de Física Aplicada da UVigo, Jorge Eiras Barca, con 'Tormentas solares xeomagnéticas: poderíamos quedar a escuras?'.