Skip to main content

Acto institucional de conmemoración na USC do Día Internacional das Mulleres

Acto institucional de conmemoración na USC do Día Internacional das Mulleres
Acto institucional de conmemoración na USC do Día Internacional das Mulleres

A Universidade de Santiago celebrará o Día Internacional das Mulleres este xoves 7 cun acto de recoñecemento á Biblioteca Universitaria pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero.

A cerimonia, que presidirá o reitor Antonio López, terá lugar ás 11.30 horas no Salón Nobre de Fonseca e contará tamén coas intervencións da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; do vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

A continuación intervirá a directora da Biblioteca, María Isabel Casal Reyes, que recollerá a placa con Mención Honorífica.

The contents of this page were updated on 03.06.2019.