Skip to main content

A USC celebra as Letras Galegas coa presentación do volume dedicado a María Victoria Moreno

A USC celebra as Letras Galegas coa presentación do volume dedicado a María Victoria Moreno
A USC celebra as Letras Galegas coa presentación do volume dedicado a María Victoria Moreno
No acto, Alonso Montero pronunciará unha conferencia sobre a vida e obra da homenaxeada

Como cada ano, a Universidade de Santiago celebra o Día das Letras Galegas coa presentación dun volume elaborado polo Departamento de Filoloxía Galega e editado polo Servizo de Publicacións da USC. Nesta ocasión, María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia estivo coordinado pola profesora Blanca Roig Rechou.

Será o reitor Juan Viaño quen presida o evento literario ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, no que tamén intervirá o director do Departamento de Filoloxía Galega, Eduardo Moscoso Mato.

Logo da presentación do volume a cargo da profesora Roig, un grupo de estudantes da USC lerá uns poemas e o catedrático xubilado do Departamento de Filoloxía Galega e membro da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero pronunciará a conferencia ‘A proeza cívica e literaria de María Victoria Moreno’.

The contents of this page were updated on 05.15.2018.