Skip to main content

A Cátedra Cruz Vermella Española da USC pon en marcha o proxecto ActivaSenior

A Cátedra USC-CRE para a Mellora da Calidade de Vida das Persoas Maiores que dirixe Manuel Gandoy pon en marcha o proxecto ActivaSenior, que se presenta este martes 22 ás 11.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Enfermaría.

O obxectivo do proxecto é a posta en valor da experiencia e o talento das persoas maiores potenciando á vez o voluntariado e o envellecemento activo. Deste xeito, destínase a persoas vinculadas á USC que finalizaron a súa etapa laboral ou están a piques de facelo para que colaboren en tarefas docentes, culturais, de voluntariado ou como profesionais de referencia.

Na presentación participarán a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, o director da Cátedra e a responsable de Programas de Persoas Maiores de Cruz Vermella en Galicia, Loreto Somoza Concheiro, e o presidente de Cruz Vermella en Santiago, José Luis Barreiro.

The contents of this page were updated on 05.21.2018.