Skip to main content

Un curso de verán revisará a historia da moda medieval, moderna e contemporánea

O curso 'Efémero' revisará a historia da moda dende unha perspectiva académica
O curso 'Efémero' revisará a historia da moda dende unha perspectiva académica
O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de xuño

A Universidade de Verán 2018 ofrece o curso titulado ' Efémero' sobre a historia da moda dende unha perspectiva académica. Estas xornadas celebraranse entre os días 25 e 28 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

O programa, dirixido por Dolores Barral Rivadulla e Mónica Rey Cabezudo, busca dar a coñecer a historia da moda dende unha perspectiva académica, polo que os asistentes adquirirán coñecementos básicos sobre moda medieval, moderna e contemporánea. Outro dos obxectivos do curso é establecer unha relación entre a moda e a arte, ademais de mellorar a comprensión da industria téxtil actual, os novos deseñadores, tendencias e estudios, así como o comisariado deste tipo de obras nos museos.

O curso analizará a relación entre o feminismo e o mundo da moda, a influencia dos ballets rusos na moda do século XX e a vestimenta feminina na época dos Austrias, entre outros temas. En relación ao contexto actual, o programa tamén presentará a moda dende a perspectiva do xornalismo actual e o mundo blogger, así como o deseño dunha identidade extraordinaria a través do traxe do superheroe e a moda no cine a través do caso de Star Wars.

The contents of this page were updated on 05.31.2018.