Cátedra Institucional de Intelixencia Artificial en Ciencias da Saúde, creada no contexto da candidatura da USC á convocatoria de axudas ás Cátedras ENIA, no marco da Axenda España Dixital 2025, destinada a ser un acelerador e catalizador da Medicina Personalizada de Precisión a través da Intelixencia Artificial. A cátedra impulsará a investigación, transferencia, difusión e formación en materia de intelixencia artificial e na súa aplicación ás ciencias da saúde, en base á colaboración público-privada, situando á USC á vangarda científico-tecnolóxica neste ámbito.
Director: Senén Barro Ameneiro