Fondo pesar na Universidade polo falecemento do profesor Juan Luís Pintos de Cea-Naharro
A Universidade de Santiago quere manifestar o seu fondo pesar polo falecemento do profesor xubilado da área de Socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Juan Luís Pintos de Cea-Naharro.
O profesor finado será sempre lembrado na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, que lle transmite á familia e amizades a súa condolencia por este sentida e inesperada perda.