Skip to main content
Nesta actividade o profesorado da USC ofrécese a impartir charlas sobre contidos do seu ámbito docente e/ou investigador, dirixidas a estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos de grao Superior. A algunhas destas charlas tamén poden asistir estudantes de 4º de ESO daqueles centros que, ademais de Bacharelato e/ou Ciclos Formativos, tamén teñan estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio.
Charla temática en Ribeira

Charlas temáticas 2024/2025 

Só se terá en conta unha única solicitude por centro para cada convocatoria que incluirá a relación de todas as charlas por orde de preferencia.

Cada centro pode incluír na solicitude ata un máximo de 10 charlas temáticas, por orde de preferencia. O Programa A Ponte asignaralle un máximo de 5 charlas. Se desexa que lle asignemos menos de 5, debe indicalo no formulario de solicitude, independentemente de que nela inclúa un número superior por orde de preferencia.

Os centros deben ter en conta as observacións de cada charla, onde se indican as limitacións de horarios, épocas, distancia, etc. para impartir a charla. Se un centro non se axusta as observacións das charlas que solicita o poñente pode rexeitar a súa participación, aínda que lle sexa asignada.

Unha vez que se lle asignen as charlas que lle correspondan o centro non pode renunciar a ningunha

Os conferenciantes, de conformidade co centro, fixarán a data e hora de celebración das mesmas, aínda que nas solicitudes, os centros poderán marcar as súas preferencias para cada unha das solicitudes.

Para a asignación faremos tres rondas segundo o orde de chegada das peticións, asignando 2 charlas na primeira e segunda ronda e 1 na terceira.

Abriremos un novo prazo de petición das charlas non asignadas para os centros que non solicitaron na primeira convocatoria e para os que non lle puidemos asignar o número de charlas solicitadas na primeira convocatoria.

O número máximo de charlas que impartirá cada conferenciante será normalmente de 5, aínda que hai algunhas excepcións.

As charlas temáticas están dirixidas preferentemente ao estudantado de 1º e 2º de Bacharelato e de Ciclos Formativos Superiores, pero tamén poden solicitarse para 4º de ESO naqueles casos nos que se indica esta posibilidade na relación de charlas ofertadas.

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós, a través do correo electrónico aponte [at] usc.gal (aponte[at]usc[dot]gal) 

Formulario de Solicitudes (2ª Convocatoria)

https://forms.office.com/e/yHz26GwwTh

Inicio prazo: xoves, 7 de novembro, ás 9 horas

Peche: mércores, 13 de novembro, ás 23:59

The contents of this page were updated on 11.20.2024.