Skip to main content

Preséntanse en Matemáticas os resultados da Enquisa de Satisfacción e Inserción Profesional do Alumnado Egresado

A Facultade de Matemáticas presenta este mércores día 9 ás 12.00 horas na súa Aula Magna os resultados da Enquisa de Satisfacción e Inserción Profesional do Alumnado Egresado do centro. Neste informe recóllese a satisfacción e e o grao de inserción laboral do alumnado deste centro compostelán graduado nos últimos anos.

Na presentación intervirán M. Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; e Alberto Cabada Fernández, director do Instituto de Matemáticas da USC. Este acto forma parte do Plan de Acción de Matemáticas 2017-2019, enmarcado no convenio para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i da USC e a Xunta de Galicia.

A enquisa foi deseñada pola Facultade de Matemáticas e o Instituto de Matemáticas, coa colaboración da Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC, o que permite concluír que o resultado final ten unha grande valía técnica, cuantitativa e cualitativa.

The contents of this page were updated on 05.08.2018.