Skip to main content

Milagros Otero Parga ingresou na Academia Xacobea

De esquerda a dereita, Ulises Bértolo, Milagros Otero, Román Rodríguez, Dulce María García Mella, Jesús Palmou e Marcelino Agís. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Ulises Bértolo, Milagros Otero, Román Rodríguez, Dulce María García Mella, Jesús Palmou e Marcelino Agís. FOTO: Santi Alvite
O discurso da catedrática de Filosofía do Dereito da USC versou sobre os ‘Aspectos Xurídicos do Códice Calixtino’
Santiago de Compostela

A catedrática de Filosofía do Dereito da USC Milagros Otero Parga ingresou este xoves 13 como membro de número da Academia Xacobea nun acto que se desenvolveu no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu o evento que contou tamén coa presenza da secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella; do presidente da Academia Xacobea, Jesús Palmou Lorenzo; do vicepresidente da entidade e catedrático de Filosofía da USC, Marcelino Agís Villaverde; e do seu secretario xeral, Ulises Bértolo García. O discurso de ingreso de Milagros Otero na Academia Xacobea versou sobre os ‘Aspectos Xurídicos do Códice Calixtino’.

A profesora compostelá, doutora en Dereito pola USC e catedrática de Filosofía do Dereito dende 1987, foi a primeira muller decana da Facultade de Dereito da USC e secretaria da comisión de doutoramento e terceiro ciclo. Avogada e xurista, exerceu como Valedora do Pobo entre 2015 e 2019. Conta no seu haber coa Medalla de Prata de Galicia e a Insignia de Oro da Universidade de Santiago e da Facultade de Dereito. Profesora convidada nalgunhas das máis prestixiosas universidades americanas en Bos Aires, Santiago de Chile, Sao Paulo e Montevideo, é asidua conferenciante de numerosas universidades mexicanas e asesora académica da Comisión de Dereitos Humanos e da Escola Xudicial do Estado de México, organismo que a nomeou magister honoris causa.

Asistentes ao acto. FOTO: Santi Alvite
Asistentes ao acto. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 04.14.2023.